Susan Solomon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Susan Solomon
Susan Solomon-Desk With Globe.jpg
Nacemento19 de xaneiro de 1956
 Chicago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de California en Berkeley e Instituto de Tecnologia de Illinois
Ocupaciónatmospheric chemist
PremiosMedalha Carl-Gustaf Rossby, Prêmio Ambiental Volvo, National Women’s Hall of Fame, Medalla Nacional de Ciencia, Prêmio Planeta Azul, Colorado Women's Hall of Fame, Women in Technology International, Honorary doctoral degree of the Pierre and Marie Curie University, Prêmio V. M. Goldschmidt, Prêmio Vetlesen, Medalha William Bowie, Prêmio Arthur L. Day, Grande médaille de l’Académie des sciences, Prêmios Fundação BBVA Fronteiras do Conhecimento, Weizmann Women & Science Award, Bakerian Lecture, Women in Technology Hall of Fame, Crafoord Prize in Geosciences, Medalha James B. Macelwane e honorary degree of the University of Leeds
editar datos en Wikidata ]

Susan Solomon, nada en Chicago (Estados Unidos) o 19 de xaneiro de 1956, é unha química atmosférica que traballou na Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA) durante gran parte da súa carreira profesional, onde fixo grandes descubrimentos sobre a composición da atmosfera. Dende o 2011 ata a actualidade (2021) traballou como profesora no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.

Dito instituto era coñecido porque exercera Ellen Swallow Richards como profesora de ciencias de clima e química atmosférica. Falando dos seus estudos en secundaria, foi a terceira nunha feira nacional de ciencia[1], cun proxecto que medía a porcentaxe de osíxeno nunha mestura de diversos tipos de gases.

Foi unha das primeiras persoas en sinalar que o burato da capa de ozono do antártico se orixinou debido aos clorofluorocarbonos e ao seu mecanismo de reacción radical libre. Así, o Protocolo de Montreal das Nacións Unidas, un protocolo que ten como fin a protección da capa de ozono, está baseado no traballo e descubrimentos de Susan Solomon.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación[editar | editar a fonte]

O interese de Susan Solomon pola ciencia comezou cando era unha nena cando xa era afeccionada a ver programas de televisión relacionados coa natureza, como o de Jacques Cousteau. No instituto obtivo o seu primeiro recoñecemento, quedou terceira na feira de ciencia nacional cun proxecto relacionado coa química atmosférica que tiña por obxectivo medir a porcentaxe de osíxeno nunha mestura de gases[2].

Susan licenciouse en química polo Instituto de Illinois de Tecnoloxía en 1977 e no ano 1981 obtivo o seu doutoramento en química na Universidade de California en Berkeley, xunto a persoas altamente influentes como o futuro Nobel Paul Crutzen, e onde se especializou en química atmosférica e os seus estudos sobre a composición da atmosfera tiveron un gran recoñecemento.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Barry Sidwell en 1988.

A súa vida xirou ó redor os seus descubrimentos científicos, alcanzando numerosos premios e recoñecementos.

Vida laboral[editar | editar a fonte]

Comezou traballando na Administración Naval e oceánica e atmosférica, onde permanecería durante gran parte da súa carreira, e descubriu entre outras cousas parte da composición da atmosfera.

Entre 1986 e 1987, dirixiu dúas expedicións durante o inverno antártico (coas temperaturas extremas que se dan neses momentos e noites case constantes), co obxectivo de tomar datos da composición atmosférica mentes o burato do ozono se formaba. Neste momento xa era coñecido pola comunidade científica que a carencia de ozono atmosférico provocaba aumentos nos niveis de radiación ultravioleta na Terra, pero aínda estaba por descubrirse a consecuencia climática das subidas de temperatura. Nestas grandes expedicións ao antártico onde compre destacar a Expedición de Ozono Nacional ao Estreito de McMurdo onde o seu equipo mediu niveis de óxido de cloro cen veces máis altos dos esperados na atmosfera, liberados pola descomposición de clorofluorocarburos por radiación ultravioleta. Compre destacar que Susan foi a única muller líder da expedición.

No ano 2007 o seu equipo científico chegou a unha realidade, e é que o quentamento global era unha realidade. Nese mesmo ano foi galardoada cun Premio Nobel da Paz compartido[3] e o ano seguinte ,2008, Susan foi escollida como unha das 100 persoas máis influentes do mundo.[4] Ademais, un glaciar da Antártida leva o seu nome e é doutora honoris causa por 12 universidades do mundo.

Na actualidade, Susan Solomon é catedrática no MIT, Instituto tecnolóxico de Massachusetts. Tamén é membro da Academia Nacional de Ciencias, Academia Europea de Ciencias e da Academia de Ciencias de Francia. Tamén foi directora do Grupo de Química e Procesos do Clima da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica. Ademais, serve no Consello de ciencia e seguridade do Boletín de Científicos Atómicos.

Susan Solomon crop 2010 Ullyot Public Affairs Lecture.jpg

Susan Solomon sempre tivo como obxectivo defender e mellorar o planeta, especializouse no cambio climático e os seus estudos supuxeron un grande avance neste campo. grandes expedicións ao antártico onde compre destacar a Expedición de Ozono Nacional ao Estreito de McMurdo onde o seu equipo mediu niveis de óxido de cloro cen veces máis altos dos esperados na atmosfera,que foron liberados pola descomposición de clorofluorocarburos por radiación ultravioleta. Compre destacar que Susan foi a única muller líder da expedición.

O quecemento global pasou a ser o seguinte principal tema de estudo de Solomon, recentemente alertou de que o quecemento global xa é inevitable. Artigos desta muller afirman que aínda que se pararan as emisións de gases derivados da actividade humana, estes efectos do cambio climático farán notarse durante miles de anos.

Outro importante descubrimento foi que os volcáns podían acelerar as reaccións causadas polos clorofluorocarbonos, aumentando a deterioración da capa de ozono. O seu traballo formou parte do Protocolo de Montreal das Nacións Unidas, un acordo internacional para regular sustancias químicas nocivas e protexer a capa de ozono.

Militou no Intergubernamental de Cambio Climático. É coautora do Terceiro Informe de Valoración e catedrática do Grupo Laborable para o Cuarto Informe de Valoración.

A misión de Susan foi sempre defender e mellorar o noso planeta, para iso especializouse no campo do cambio climático e fixo notables fazañas como: dirixir grandes expedicións ao antártico, descubrir que o óxido de cloro tiña niveis cen veces mais altos do que debería debido a acción dos raios ultravioletas e outra moi importante como descubrir que os volcáns podían acelerar as reacción causadas polos clorofluorocarbonos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • The Coldest March: Scott's Fatal Antarctic Expedition, Prensa Universitaria de Yale, 2002 ISBN 0-300-09921-5 - Describe a historia do capitán Robert Falcon Scott e a súa expedición á Antártida, que fracasou en 1912. Ademais realiza a comparación entre datos meteorolóxicos modernos fronte aos que experimentou a expedición de Scott, nun intento de aclarar as razóns da defunción da partida polar do capitán.[5] [6]
  • Australian Climate Change Research: Perspectives on Successes, Challenges and Future Directions. Susan Solomon, William L.Stefen, 2007 ISBN 9781921298073 - Describe as demandas de coñecemento sobre o cambio climático ós científicos (especialmente a físicos e biofísicos) por parte dos gobernos e explica como o aspecto medioambiental afecta á toma de decisións.[7]

Estudo clorofluorocarburos[editar | editar a fonte]

En 1974, o mencionado Molina e Sherwood Rowland lanzaron unha hipótese que foi recibida con escepticismo, pero que 21 anos despois lles gratificou co Nobel de Química: os clorofluorocarbonos (CFC) que se usaban como refrixerantes, disolventes, propelentes para os envases a presión e na fabricación de cortiza branca descompúñanse na estratosfera e liberaban átomos de cloro. Estes reaccionaban co ozono, o que significaba a súa destrución. Até ese momento, ninguén considerara a importancia que ten este gas para a vida na Terra, e a idea seguiu parecendo unha loucura ata que en 1985 os científicos informaron de que a capa de ozono sobre a Antártida minguaba durante a primavera austral. Ao ano seguinte, varios expertos, entre eles, Susan Solomon, foron enviados á zona para realizar medicións.

Entre agosto e outubro de 1986, Solomon estivo a traballar no escuro inverno polar e en 1987 volveu para culminar a tarefa. Así lembrou aqueles tempos durante a recepción do Premio Volvo [8]de Medio Ambiente 2009[9]: "A pesar das dificultades, ir á Antártida resultou ser unha das experiencias máis excitantes da miña vida, non só pola detección da perda de ozono, senón porque constatamos os compoñentes químicos que causaban o buraco, en particular, os clorofluorocarbonos." O continente branco pode ser un lugar frío, pero deixou pegada no corazón desta experta. As súas medicións deron cantidades de cloro inusualmente elevadas na atmosfera alta, pero, como ela mesma confesou, "non tiña a sensación de que estaba a facer historia, polo menos ao comezo; ao final do segundo ano empecei a darme conta do serio que era o asunto". Entón suxeriu en varios artigos "que as nubes estratosféricas polares poderían xogar un papel nesta química tan inusual"; de feito, actuaban como unha especie de imán que facilitaba os mecanismos de destrución do gas vital. Á volta, xa no seu laboratorio do NOAA, Solomon publicou un extraordinario estudo sobre o buraco de ozono que supuxo un punto de inflexión. Pouco despois, asinouse o histórico protocolo de Montreal que prohibía a fabricación dos CFC.

Tamén mostrou que os volcáns poderían acelerar as reaccións causadas por clorofluorocarburos, aumentando o dano á capa de ozono.O seu traballo formou a base do Protocolo de Montreal da ONU, un acordo internacional para regular substancias químicas daniñas e protexer así a capa de ozono Serviu no Panel Intergobernamental de Cambio Climático.[10]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1991 – Premio Henry G. Houghton de investigación en meteoroloxía física, outorgado pola Sociedade Meteorolóxica Estadounidense.
  • 1994 – Collado de Solomon (78°23′S 162°39′E), un paso nevado antártico situado a 1850 metros de altura, nombrado no honor
  • 1994 – Glaciar de Solomon (78°23′S 162°30′E), un glaciar antártico nomeado no seu honor.
  • 1999 – Medalla Nacional de Ciencia, outorgada polo Presidente dos Estados Unidos​.
  • 2000 – Medalla de investigación Carl-Gustaf Rossby, outorgada pola Sociedade Meteorolóxica Americana.
  • 2004 – Premio de Planeta Azul, outorgado pola Asahi Fundación de Vaso
  • 2006 – Ingreso no Salón da Fama das Mulleres de Colorado.
  • 2007 – Medalla William Bowie, outorgada pola Unión Americana de Xeofísica.
  • 2007– Nobel da Paz, compartido con Al Gore e membros do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC)[Cómpre referencia]
  • 2008 – Gran Medalla da Academia de Ciencias de Francia.
  • 2009 – Ingreso no Salón de la Fama Nacional de las Mujeres.
  • 2009 – Premio Ambiental Volvo[9]
  • 2010 – Medalla de Servizo aos Estados Unidos, outorgada pola Sociedade para o Servizo Público.
  • 2012 – Premio Fundación BBVA Fronteras del Conocimiento na categoría de Cambio do Clima.[11]
  • 2013 – Premio Vetlesen polo seu traballo no burato na capa de ozono.
  • 2015 – Doutoramento honoris causa pola Universidad de Brown.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mario Molina and Susan Solomon | Chemical Heritage Foundation". web.archive.org. 2013-01-12. Consultado o 2021-04-29. 
  2. "Susan Solomon". Science History Institute (en inglés). 2016-06-01. Consultado o 2021-04-15. 
  3. United Nations (ed.). "2007 - Grupo Intergubernamental de Expertos sobre el Cambio Climático y Albert Arnold (Al) Gore Jr.". United Nations (en castelán). Consultado o 2021-04-16. 
  4. "The 2008 TIME 100", Time.
  5. MacFarlane, Robert (7 de Outubro, 2001). "In from the cold..." The Observer. Guardian Media Group. Recuperado o 10 de Abril de 2021.
  6. Wheeler, Sara (2 de Setembro, 2001). "Great Scott?". The New York Times. The New York Times Company. Recuperado o 10 de Abril de 2021.
  7. Solomon, Susan; Steffen, William L. (2007). Australian climate change research: perspectives on successes, challenges and future directions (PDF). Canberra, A.C.T: Dept of the Environment, Water, Heritage and the Arts. ISBN 978-1-921298-07-3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2008. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  8. "Premio Ambiental de Volvo | Volvo Group". www.volvogroup.mx (en Spanish). Consultado o 2021-04-28. 
  9. 9,0 9,1 "Volvo-environmental-prize". www.volvogroup.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-28. 
  10. "IPCC - Intergovernmental Panel on Climate Change". archive.ipcc.ch. Consultado o 2021-04-28. 
  11. "Susan Solomon, premio BBVA Fronteras del Conocimiento". La Vanguardia (en castelán). 2013-01-10. Consultado o 2021-04-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Claramunt Vallespí, R. M. e Claramunt Vallespí, T. (2012). Mujeres en ciencia y tecnología. Madrid: Universidad Nacional de Educación a distancia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]