Megawati Sukarnoputri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Megawati Sukarnoputri
President Megawati Sukarnoputri - Indonesia.jpg
Diah Permata Megawati Setiawati Soekarnoputri
Presidente de Indonesia
Período 23 de xullo de 2001 - 20 de outubro de 2004
Antecesor Abdurrahman Wahid
Sucesor Susilo Bambang Yudhoyono
Datos persoais
Nacemento 23 de xaneiro de 1947
Lugar Yogyakarta
Organización Partai Demokrasi Indonesia Perjuangan - PDI-P
Cónxuxe Taufiq Kiemas
Profesión política

Megawati Sukarnoputri (nada Diah Permata Megawati Setiawati Soekarnoputri, en 1947), política, foi a primeira muller presidente de Indonesia. Gobernou entre 2001 e 2004.

Megawati Sukarnoputri é filla do primeiro presidente de Indonesia, Sukarno. Tralo golpe de Estado que derribou ao seu pai en 1967, a familia continuou vivindo en Indonesia, onde Megawati formou a súa familia e se mantivo afastada da política por moitos anos. En 1986 o seu pai recibe o título de Heroe por parte de Suharto, e os seguidores do ex-presidente logran o permiso para fundar o seu propio partido político, o Partido Democrático Indonesio. Entón os líderes do novo partido logran convencer a Megawati para que abandone a súa ata entón tranquila vida doméstica e se presente ás eleccións lexislativas de 1987, nas que logra un escano.

En 1993 convértese na máxima líder do partido e desde entón emprende unha dura oposición ao goberno de Suharto, ata a súa renuncia en 1998. Nas eleccións de 1999 logra o 33% dos votos, convertendo á súa organización no primeiro partido de Indonesia. Na disputa pola presidencia do país, no interior do parlamento, Megawati enfróntase ao novo mandatario Jusuf Habibie, pero ante a polarización xerada e o xurdimento dunha terceira opción, decide declinar e apoiar a elección de Abdurrahman Wahid, quen lle devolve o respaldo ao permitirlle a súa chegada á vicepresidencia.

Logo de participar infrutuosamente no goberno de unidade de Wahid, decide romper relacións co presidente, o que agrava a tremenda crise política do país, que se tranquiliza coa renuncia de Wahid e o ascenso de Sukarnoputri á presidencia o 23 de xullo de 2001. En 2004 perde as eleccións presidenciais fronte a Susilo Bambang Yudhoyono.

Presidente de Indonesia

Segue a:
Abdurrahman Wahid
Megawati Sukarnoputri
Precede a:
Susilo Bambang Yudhoyono
Partai Demokrasi Indonesia Perjuangan - PDI-P