Stieg Larsson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stieg Larsson
Nacemento15 de agosto de 1954
Lugar de nacementoSkelleftehamn
Falecemento9 de novembro de 2004
Lugar de falecementoEstocolmo
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoHögalids columbarium
NacionalidadeSuecia
EtniaSuecos
Relixiónateísmo
Ocupaciónxornalista, escritor, editor literario e guionista
IrmánsJoakim Larsson
Coñecido porTrilogia Millennium
PremiosPremio Chave de Cristal, Swedish Crime Writers' Academy, Macavity Awards, Barry Award/Best British Crime Novel, honorary citizen of Umeå, Autor do ano, Premio Anthony e Best Swedish Crime Novel Award
Na rede
http://www.stieglarsson.se/
IMDB: nm2297183 Allocine: 215089 Allmovie: p649344
Musicbrainz: a25661f3-9576-48df-8b2a-74d0717abda1 Discogs: 1391429 WikiTree: Larsson-8132 Find a Grave: 69486566 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Karl Stig-Erland Larsson, coñecido coma Stieg Larsson, nado en Skelleftehamn, Condado de Västerbotten, o 15 de agosto de 1954 e finado en Estocolmo o 9 de novembro de 2004, foi un xornalista e escritor sueco.

Acadou sona internacional trala súa morte, coa publicación da súa triloxía de novelas policíacas Millenium, composta polos seguintes títulos: Män som hatar kvinnor (Os homes que odiaban as mulleres), Flickan som lekte med elden (A rapaza que xogaba con lume) e Luftslottet som sprängdes (O castelo de aire que foi voado).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stieg Larsson criouse na pequena comunidade de Norsjö, a uns 100 km ao norte de Umeå[1] (o municipio aparece no primeiro volume da triloxía). Viviu cos seus avós ata a morte do seu avó en 1962[1]. Entre 1977 e 1999 traballou coma deseñador gráfico para a axencia de noticias Tidningarnas Telegrambyrå (TT)[1].

Militou na Kommunistiska Arbetareförbundet (Liga Comunista de Traballadores). Profundamente involucrado na loita contra o racismo e a ultradereita, participou a mediados dos anos 80 na fundación do proxecto antiviolencia Stop the Racism. En 1995 foi un dos promotores da Fundación Expo, adicada a "estudar e cartografar as tendencias antidemocráticas, de extrema dereita e racistas da sociedade"[2]. Dende 1999 foi director da revista de dita fundación, tamén chamada "Expo"[1]. Escribiu varios libros de investigación periodística sobre os grupos nazis do seu país e das conexións entre a extrema dereita e o poder político e financeiro.

Stieg Larsson era asemade presidente da sociedade escandinava de ciencia ficción[1], xénero polo que tiña un grande interese.

Serie Millenium[editar | editar a fonte]

Stieg Larsson comezou a escribir novelas policiacas como hobby[1] en 2001[3] (escribía polas noites, compaxinando así o seu pasatempo co traballo). Nun primeiro momento, considerou, xunto co periodista Kenneth A. (da axencia de noticias TT), a posibilidade de escribir unha historia sobre os personaxes de Hernández e Fernández, d'As aventuras de Tintín. Máis tarde tentou plasmar como se manexaría na sociedade do momento a famosa Pipi Mediaslongas, creada pola escritora sueca Astrid Lindgren: así xurdiu un dos protagonistas da súa trioloxía, a investigadora Lisbeth Salander[3]. Como contrapunto, creou outro personaxe máis equilibrado, o xornalista Mikael Blomkvist (cuxo nome lembra o doutro personaxe de Lindgren, o neno detective Kalle Blomkvist). A partir de aí creou o resto de personaxes da serie, denominada Millenium en referencia ao nome da revista na que traballa o personaxe de Blomkvist.

Cando rematou o segundo volume da serie, e tendo xa deseñada a trama do terceiro, pasoulle un manuscrito a un amigo editor. Faleceu en 2004, dun ataque ao corazón, días despois de entregarlle ao editor o terceiro volume da serie e pouco antes de que se publicase o primeiro[4]. Non chegou por tanto a ver publicada a obra, e a súa repentina morte truncou o seu plan de continuar a serie: tal e como afirma o seu círculo máis próximo, o escritor estaba a traballar no seguinte volume, que era en realidade o quinto da saga (o cuarto destruíuno por non quedar plenamente satisfeito con el) [5].

A triloxía está considerada unha obra de "relevancia social" tanto pola construción simbólica das personaxes femininas como por tratar a lacra da violencia de xénero[6].

En 2009, estreouse unha adaptación cinematográfica da primeira novela da serie, dirixida por Niels Arden Oplev cos actores suecos Michael Nyqvist e Noomi Rapace nos papeis protagonistas. A película estreouse o 27 de febreiro en Suecia e Dinamarca, e o 29 de maio en España[7].

Obra[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

  • Stieg Larsson, Anna-Lena Lodenius: "Extremhögern", Estocolmo, 1991
  • Stieg Larsson, Mikael Ekman: "Sverigedemokraterna : den nationella rörelsen", Estocolmo, 2001
  • Stieg Larsson, Cecilia Englund: "Debatten om hedersmord : feminism eller rasism", Estocolmo, 2004
  • Richard Slätt, Maria Blomquist, Stieg Larsson, David Lagerlöf m.fl.: "Sverigedemokraterna från insidan", 2004

Novelas[editar | editar a fonte]

Periódicos[editar | editar a fonte]

  • Svartvitt med Expo, 1999-2002
  • Expo, 2002-2004

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Páxina web do autor (Vida e obra)". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2009. 
  2. "Páxina oficial da Fundación". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2009. 
  3. 3,0 3,1 Páxina sobre a triloxía Millenium
  4. Artigo de "El País"
  5. "Artigo sobre o autor en "LaVanguardia.es"". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2009. 
  6. "Artigo referente á obra, "DiarioSigloXXI"". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2009. 
  7. "Datas de emisión da película baseada en "Os homes que odiaban ás mulleres"". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2009.