Saltar ao contido

Stephen Blair Hedges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStephen Blair Hedges

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade George Mason (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónherpetólogo, entomólogo, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPennsylvania State University
Universidade Temple (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaHedges Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webhedgeslab.org… Editar o valor en Wikidata

Stephen Blair Hedges (coñecido tamén como S. Blair Hedges) é profesor de bioloxía evolutiva e herpetólogo no Centro de Biodiversidade da Universidade Temple, Pensilvania, onde é director e investiga a árbore da vida.

Asemais, lidera os esforzos de conservación en Haití e noutros lugares. Cofundou o Haiti National Trust.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hedges acadou o título de Bachelor of Science (Licenciado en Ciencias) na Universidade George Mason, e posteriormente un mestrado e o doutoramento (Ph.D.) en Zooloxía na Universidade de Maryland.[1] Antes de unirse á Universidade Temple en 2014, foi profesor na Pennsylvania State University (Universidade Estatal de Pensilvania).[1][2]

Foi un dos membros fundadores do Centro de Astrobioloxía da NASA. Publicou máis de 277 obras revisadas por pares, incluíndo oito libros e monografías.[3]

En 2009 foi elixido Fellow (membro) da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia por "revelar conexións entre a evolución biolóxica e a historia da Terra en diversos grupos de organismos",[4] e foi galardoado coa Medalla Académica da Penn State Faculty 2011 por un logro excepcional nas Ciencias da vida e da saúde.[5]

Investigacións

[editar | editar a fonte]

Hedges estudou as relacións e o calendario dos grupos taxonómicos principais na árbore filoxenética da vida empregando datos xenómicos.[1] Esta investigación levou a moitos descubrimentos, incluíndo unha orixe temperá para as ordes de mamíferos placentarios e as aves modernas,[6][7] estimando cando os procariotas e os eucariotas fixeron as primeiras colonizacións na Terra e a súa relevancia para o planeta,[8][9] e as relacións filoxenéticas entre os réptiles e os mamíferos insectívoros.[10][11][12][13] Acuñou a palabra timetree para unha árbore filoxenética escalada no tempo, cofundou a base de datos TimeTree para explorar a escala de tempo da árbore da vida e coeditou o libro Timetree da vida.[14] Hedges e o seu equipo crearon unha espiral da árbore da vida en 2015 para visualizar as relacións ao longo do tempo de 50 000 especies, e descubriron que a diversificación e a especiación son ​​relativamente constantes ao longo do tempo e entre os grupos.[15]

Hedges tamén ten un programa de campo no Caribe onde estuda a evolución e a bioxeografía de anfibios e réptiles con datos xenéticos, e mantivo unha base de datos de información sobre estas especies, o CaribHerp. No seu traballo descubriu moitas especies novas e até agora nomeou 124 especies de réptiles, anfibios e bolboretas. Tamén describiu tres das máis pequenas especies de réptiles e anfibios, incluída a rá anana de monte Iberia (Eleutherodactylus iberia),[16] o xeco Sphaerodactylus ariasae, e a serpente Tetracheilostoma carlae. Segundo el mesmo, as súas investigacións foon descritas en 11 artigos no New York Times.[17]

Accións conservacionistas

[editar | editar a fonte]

O traballo de Hedges e o seu equipo en Haití definiu puntos quentes de biodiversidade para o establecemento de tres parques nacionais neste país. Tamén iniciou un programa de cría en catividade para conservar dez especies de sapos en perigo de extinción no Zoo de Filadelfia.[18] Xunto co CEO haitiano Philippe Bayard, fundou en Pétion-Ville o Haiti National Trust, unha ONG de protección ambiental

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Fellow (membro) da AAAS.[19]
  • Medalla Académica da Penn State Faculty.

Foille dedicada a especie Eleutherodactylus blairhedgesi Estrada, Díaz & Rodríguez, 1998.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Hedges emprégase para recoñecer a Stephen Blair Hedges como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Especies descritas por Hedges

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Hedges está interesado na arte renacentista, o que o levou a realizar varios estudos científicos de obras de arte temperás, incluído o desenvolvemento dun método para datar impresións antigas,[20] e un estudo sobre a bioxeografía histórica dos escaravellos a partir dos buratos que facían nos libros antigos.[21]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Hedges Lab - Evolutionary Biology". www.hedgeslab.org. Consultado o 17 de novembro de 2019. 
  2. "Meet CST'S New Faculty Members". College of Science and Technology, Temple University. 2014. Consultado o 17 de novembro de 2019. 
  3. "Blair Hedges awarded Faculty Scholar Medal". Department of Biology, Penn State. March 17, 2011. Consultado o 17 de novembro de 2019. 
  4. "AAAS Members Elected as Fellows". AAAS. December 18, 2009. Consultado o 17 de novembro de 2019. 
  5. "Blair Hedges awarded Faculty Scholar Medal — Penn State University Department of Biology". bio.psu.edu. Consultado o 17 de novembro de 2019. 
  6. Hedges, S. B.; Parker, P. H.; Sibley, C. G.; Kumar, S. (16-05-1996). "Continental breakup and the ordinal diversification of birds and mammals". Nature 381 (6579): 226–229. Bibcode:1996Natur.381..226H. ISSN 0028-0836. PMID 8622763. doi:10.1038/381226a0. 
  7. Kumar, S.; Hedges, S. B. (30-04-1998). "A molecular timescale for vertebrate evolution". Nature 392 (6679): 917–920. Bibcode:1998Natur.392..917K. ISSN 0028-0836. PMID 9582070. doi:10.1038/31927. 
  8. Battistuzzi, Fabia U.; Hedges, S. Blair (01-02-2009). "A major clade of prokaryotes with ancient adaptations to life on land". Molecular Biology and Evolution 26 (2): 335–343. ISSN 1537-1719. PMID 18988685. doi:10.1093/molbev/msn247. 
  9. Heckman, D. S.; Geiser, D. M.; Eidell, B. R.; Stauffer, R. L.; Kardos, N. L.; Hedges, S. B. (10-08-2001). "Molecular evidence for the early colonization of land by fungi and plants". Science 293 (5532): 1129–1133. ISSN 0036-8075. PMID 11498589. doi:10.1126/science.1061457. 
  10. Hedges, S. B.; Poling, L. L. (12-02-1999). "A molecular phylogeny of reptiles". Science 283 (5404): 998–1001. Bibcode:1999Sci...283..998B. ISSN 0036-8075. PMID 9974396. doi:10.1126/science.283.5404.998. 
  11. Vidal, Nicolas; Hedges, S. Blair (01-10-2005). "The phylogeny of squamate reptiles (lizards, snakes, and amphisbaenians) inferred from nine nuclear protein-coding genes". Comptes Rendus Biologies 328 (10–11): 1000–1008. ISSN 1631-0691. PMID 16286089. doi:10.1016/j.crvi.2005.10.001. 
  12. Stanhope, Michael J.; Waddell, Victor G.; Madsen, Ole; de Jong, Wilfried; Hedges, S. Blair; Cleven, Gregory C.; Kao, Diana; Springer, Mark S. (18-08-1998). "Molecular evidence for multiple origins of Insectivora and for a new order of endemic African insectivore mammals". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 95 (17): 9967–9972. Bibcode:1998PNAS...95.9967S. ISSN 0027-8424. PMC 21445. PMID 9707584. doi:10.1073/pnas.95.17.9967. 
  13. Fry, Bryan G.; Vidal, Nicolas; Norman, Janette A.; Vonk, Freek J.; Scheib, Holger; Ramjan, S. F. Ryan; Kuruppu, Sanjaya; Fung, Kim; Hedges, S. Blair (02-02-2006). "Early evolution of the venom system in lizards and snakes". Nature 439 (7076): 584–588. Bibcode:2006Natur.439..584F. ISSN 1476-4687. PMID 16292255. doi:10.1038/nature04328. 
  14. Blair., Hedges, S.; 1967-, Kumar, Sudhir (01-01-2009). The timetree of life. Oxford University Press. ISBN 978-0199535033. OCLC 268792961. 
  15. Hedges, S. Blair; Marin, Julie; Suleski, Michael; Paymer, Madeline; Kumar, Sudhir (20-04-2017). "Tree of Life Reveals Clock-Like Speciation and Diversification". Molecular Biology and Evolution 32 (4): 835–845. ISSN 0737-4038. PMC 4379413. PMID 25739733. arXiv:1412.4312. doi:10.1093/molbev/msv037. 
  16. Henry Fountain (3 de decembro de 1996): "Under Cuban Ferns, A Very Small Frog". New York Times.
  17. Artigos sobre as investigacións do laboratorio de Hedges no New York Times.
  18. Mihelich, Peggy (4 de xaneiro de 2012). "Blair Hedges is saving Haiti's endangered frogs". AAAS MemberCentral. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de novembro de 2019. 
  19. Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia.
  20. O'Connell, Frank (25 de xullo de 2006). "SCIENCE ILLUSTRATED; Old, but Just How Old? Making Early Prints Give Up Their Secrets". New York Times. Consultado o 17 de novembro de 2019. 
  21. Bhanoo, Sindya (26 de novembro de 2012). "In Art Prints, Clues to Beetles in Europe". New York Times. Consultado o 17 de novembro de 2019.