Acordo de Dayton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Acordo Marco Xeral Para a Paz en Bosnia e Hercegovina (AMXPPBH) coñecido como Acordos de Dayton ou Protocolo de París refírese a unha serie de acordos acadados na base aérea de Wright-Patterson, en Dayton (Ohio) que suporían a fin da guerra de Bosnia, librada durante os tres anos anteriores.

A conferencia tivo lugar entre o 1 e o 21 de novembro de 1995. Os principais partícipes do tratado foron o presidente serbio Slobodan Milošević, o croata Franjo Tudjman, o bosníaco Alija Izetbegovic, o negociador estadounidense Richard Holbrooke e o xeneral, tamén estadounidense, Wesley Clark. O acordo formal asinouse en París o 14 de decembro de 1995.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.