Benjamin Goodwin Chitwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenjamin Goodwin Chitwood
Biografía
Nacemento1907
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 1972
Causa da morteInfarto agudo de miocardio
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
Formación profesionalDoutor en Bioloxía
EducaciónRice Institute
Universidade George Washington
Director de tesePaul Bartsch Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo, profesor universitario
EmpregadorUSDA Bureau of Plant Industry
Universidade Católica de América
Estado de Florida
Fundación Kaiser
Familia
CónxuxeMay Belle Hutson Chitwood
Quistes de Globodera rostochiensis en raíces de patacas

Benjamin Goodwin Chitwood, nado en 1907 e finado 19 de novembro de 1972, foi un zoólogo estadounidense especializado en nematodos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Benjamin "Ben" Chitwood recibiu o título de licenciado no Rice Institute en 1928 e un máster, e o título de doutor na Universidade George Washington en 1929 e 1931, respectivamente.[1]

Chitwood foi un pioneiro da nematoloxía. De 1928 a 1931 foi contratado como nematólogo junior, baixo a supervisión do doutor N. A. Cobb, no antigo USDA Bureau of Plant Industry (Oficina de Industria Vexetal do Departamento de Agricultura dos Estados Unidos.[1][2] En 1931 trasladouse é Sección Zoolóxica da USDA, onde permaneceu como zoólogo até 1937. Logo volveu á Oficina de Industria Vexetal, na que se lle encomendou traballar en problemas dos nematodos das plantas ornamentais en Long Island até 1947, en que foi trasladao a Beltsville. De 1950 a 1952 foi profesor asociado de parasitoloxía na Universidade Católica. Despois de ocupar varios cargos menore, foi designado como o primeiro nematólogo xefe da Xunta de Plantas do Estado de Florida en febreiro de 1955. Estableceu e desenvolveu a Sección de Nematoloxía desta institución, permanecendo alí até 1958, cando renuncou para converterse en consultor no Laboratorio de Morfoloxía Comparada e Fisioloxía do Instituto de Investigación da Fundación Kaiser. Posteriormente ocupou diversos cargos até a súa xubilación en 1964.[1]

Unha das maiores achegas de Chitwood ao estudo dos nematodos foi o seu libro An Introduction to Nematology (Unha introdución á nematoloxía), escrito coa colaboración da súa esposa e publicado en 1937. Volumes adicionais seguiron en 1938, 1940 e 1941. E numeroas reedicións efectuáronse en anos posteriores. Estes libros foron as primeiras ferramentas importantes para a ensinanza dos estudantes de nematoloxía de todo o mundo.[2]

Chitwood tamén revisou a taxonomía de Meloidogyne incognita e, mentres traballaba na USDA en Nova York, identificou a especie Globodera rostochiensis en Long Island, á que chamou golden nematode (nematodo duorado).[2]

A morte do doutor Benjamin G. Chitwood, debida a un ataque cardíaco, o 19 de novembro de 1972, puxo fin a unha carreira que tivo unha profunda influencia na nematoloxía durante máis de 40 anos.[1]

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • Benjamin Goodwin Chitwood (1974): Introduction to Nematology. University Park Press. ISBN 978-0-8391-0697-5.
  • May Belle Hutson Chitwood & Benjamin Goodwin Chitwood (2014): An Introduction to Nematology. Primary Source Edition. Nabu Press. ISBN 978-1-2958-4020-5.
  • May Belle Hutson Chitwood & Benjamin Goodwin Chitwood (2017): An Introduction to Nematology. Sec.1 p.3. Andesite Press. ISBN 978-1-3761-6100-7.
  • May Belle Hutson Chitwood & Benjamin Goodwin Chitwood (2017): An Introduction to Nematology. Sec.2 p.1. Andesite Press. ISBN 978-1-3761-6099-4.
  • May Belle Hutson Chitwood & Benjamin Goodwin Chitwood (2018): An Introduction to Nematology. Sec.2 p.2. Sagwan Press. ISBN 978-1-3769-9141-3.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Chitwood enmprégase para recoñecer a Benjamin Goodwin Chitwood como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 A. L. Taylor & R. P. Esser. "Benjamin Goodwin Chitwood, 1907–1972". Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Benjamin Goodwin Chitwood, 1907–1972 The American Phytopathological Society (APS)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]