Saltar ao contido

Spacehog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spacehog
OrixeLeeds, Inglaterra Inglaterra
Período19942002
2008 – presente
Xénero(s)rock alternativo, glam rock
Selo(s) discográfico(s)Elektra, Sire, Artemis
MembrosRoyston Langdon
Antony Langdon
Jonny Cragg
Richard Steel
Antigos membrosRobert Curreri
Artistas relacionadosArckid
Na rede
http://www.spacehog.com
IMDB: nm3171989 Facebook: spacehogofficial Twitter: SPACEHOG MySpace: spacehogmusic Souncloud: spacehog Spotify: 3NZE8jDD2cCzd4vUyZ5CQQ iTunes: 156250 Last fm: Spacehog Musicbrainz: e9022873-c482-46a0-bb78-33c15fc65b3b Songkick: 394473 Discogs: 316068 Allmusic: mn0000743623 Genius: Spacehog Editar o valor em Wikidata

Spacehog é unha banda inglesa de rock alternativo formada no ano 1994 en Leeds. Está fortemente influenciada por David Bowie, Queen e T.Rex.

A pesar de que todos os seus membros eran orixinarios de Leeds, a banda formouse en Nova York en 1994 cando Antony Langdon atopouse con Cragg por casualidade nun café onde Cragg tiña un traballo matando ratas.[1] Pouco despois o irmán de Langdon, Royston, uniuse á banda e naceu Spacehog. Cando o guitarrista orixinal deixou o grupo, Jonny Cragg chamou ao seu amigo Richard Steel para unirse a eles. Ese ano asinaron un contrato con Seymour Stein para o selo Sire Records.

O 24 de outubro de 1995 Spacehog editou o seu álbum de estrea, Resident Alien.[1] O disco vendeu ao redor das 500 000 copias e contiña o hit "In the Meantime", ademais do sinxelo "Cruel To Be Kind". "In the Meantime" tivo aescoitouse con frecuencia nas radios, e o seu vídeo tamén foi emitido intensamente pola televisión. O seu segundo traballo, The Chinese Album, apareceu o 10 de marzo de 1998.[1] A pesar de non ter tan boas vendas como Resident Alien, a popularidade do grupo continuou medrando e a banda tocou como abreconcertos de Pearl Jam e Supergrass. The Chinese Album tiña un son máis "artístico", cun piano ao estilo Pink Floyd no primeiro tema e coa colaboración de Michael Stipe de R.E.M. na canción "Almond Kisses".[1]

Despois de que a banda saíse de Elektra Records, Spacehog asinou con Artemis Records e lanzou o seu terceiro álbum, The Hogyssey, o 10 de abril do 2001. O disco continuaba a liña neo-glam da banda e contaba cos sinxelos "I Want to Live" e "At Least I Got Laid", ademais da versió funk da peza de Richard Strauss "Also sprach Zarathustra". O grupo uniuse a The Black Crowes e Oasis na xira Tour of Brotherly Love.

Antony, Royston e Christian Langdon uníronse para formar Arckid. En xuño do 2006 gravaron oito cancións con Bryce Goggin nos Trout Studios en Brooklyn. Jonny Cragg uniuse a The Twenty-Twos como batería, pero posteriormente tocou cos irmáns Langdon e Arckid.

A finais de novembro do 2006 Antony Langdon deixou Arckid amistosamente e ideou un alter ego coñecido como "Louis Arogant". Este proxecto estivo a piques de rematar cunha gravación titulada Victoria, pero o álbum nunca foi editado.

Antony Langdon foi brevemente substituído polo guitarrista de Your Vegas Mat Steel, que deixou Arckid despois de que gravasen o seu primeiro vídeo para volver ao seu antigo grupo. Pete Denton uniuse a eles durante un tempo e Richard Steel acompañounos no escenario nunha serie de concertos.

En xullo do 2008 Spacehog reuniuse para realizar dous concertos, o primeiro no Viper Room e o segundo no Troubador. O batería Jonny Cragg publicou no MySpace de Arckid que Spacehog volveríase reunir e comezaría a traballar nun novo disco.[2] En xullo de 2009, Spacehog reuniuse en Spaceland, nos Ánxeles.

I'm Still Here

[editar | editar a fonte]

En 2010 o guitarrista da banda Antony Langdon gañou notoriedade polo seu papel no controvertido mocumental I'm Still Here, protagonizado por Joaquin Phoenix. Langdon, que era un dos asistentes de Phoenix así como un compañeiro musical,[3] protagonizaba unha pelexa con Phoenix durante a rodaxe do documental e se lle ve defecando sobre o problemático actor en represalia por unha discusión anterior.

O tempo de Langdon en Spacehog non se menciona na película, pero móstrase un clip da banda actuando na televisión. Royston Langdon tamén é acreditado por unha das cancións do filme.[4][5]

A directora de fotografía do filme, Magdalena Gorka, demandou ao director Casey Affleck por varias queixas. Ela alegou que Antony Langdon, que traballaba como asistente de cámara, era un dos membros do equipo que a sometía a "casos rutineiros" de acoso sexual.[6]

As It Is on Earth

[editar | editar a fonte]

O 17 de setembro de 2011, Spacehog anunciou a finalización do seu último álbum, As It Is on Earth, na súa páxina de MySpace. O disco foi lanzado o 16 de abril de 2013.[7]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Resident Alien 1995 Sire Records
The Chinese Album 1998 Sire Records
The Hogyssey 2001 Artemis
As It Is on Earth 2013 Hogspace
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Larkin, Colin, ed. (2000). The Virgin encyclopedia of nineties music. London: Virgin in association with Muze UK. p. 369. ISBN 978-0-7535-0427-7. OCLC 43540658. 
  2. "Former Spacehog Takes A Shot With Velvet Revolver". MTV. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  3. "Joaquin Phoenix Quits Acting to Pursue Music". Spin. Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  4. "Spacehog guitarist in Joaquin Phoenix's "I'm Still Here"". ShortFormBlog. 2010-12-31. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2010. Consultado o 2024-06-30. 
  5. Brown, Lane (2010-09-07). "Is That the Guitarist From Spacehog Pooping on Joaquin Phoenix?". Vulture (en inglés). Consultado o 2024-06-30. 
  6. "Gorka v. Affleck, et al., No. BC441003, complaint (Cal. Super. Ct., L.A. Cty., Jul. 30, 2010" (PDF). ABC News. Consultado o 1 de xullo de 2024. 
  7. "Spacehog Return With Rollicking 'Glad to Know' Song Premiere". Rolling Stone. 2013-01-14. Archived from the original on 14 de xaneiro de 2013. Consultado o 2024-07-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]