Saltar ao contido

Sousse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSousse
Imaxe

Alcumeجوهرة الساحل Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 35°50′N 10°38′L / 35.83, 10.63
PaísTunisia
Subdivisões da Tunísia (pt) TraducirSousse (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Bizacena (pt) Traducir
Sousse (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación221.530 (2014) Editar o valor en Wikidata (4.922,89 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie45 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal4000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcommune-sousse.gov.tn Editar o valor en Wikidata

Sousse ou Soussa (en árabe: سوسة Sūsa‎; en bérber: Susa) é unha cidade de Tunisia, capital da gobernación de Sousse. Sitúase a 140 km da capital do país, Tunes. Sousse fica no parte leste-central do país, no Golfo de Hammamet, no mar Mediterráneo. A súa economía baséase na produción de aceite de oliva, téxtil, comida preparada e turismo. É a sede da Université de Sousse.

Economía

[editar | editar a fonte]

Sousse é un importante resort turístico. Os complexos hoteleiros teñen unha capacidade de 40,000 camas, esténdese a 20 km ó norte da cidade vella (Medina) no paseo marítimo de Porto El-Kantaoui.

Está a 20 km do aeroporto internacional de Monastir. As praias de area fina están rodeadas por hortas e olivares. Ten un clima mediterráneo, con veráns calorosos e secos e invernos húmidos, cálidos e suaves. A situación xunto ao mar modera o clima, polo que é un resort turístico todo o ano.

Cálculase de media que 1.200.000 visitantes acoden cada ano a gozar dos seus hoteis, restaurantes, discotecas, casinos, praias e instalacións deportivas.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
  • Poboación: 200,000 habitantes (2003)
  • Altitude: 2m
  • Humidade: 69%
  • Nº Hospitais: 15 (privados e públicos)
  • Temperaturas:
    • Min.: 19.7 °C
    • Máx.:29.1

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. "Braunschweigs Partner und Freundschaftsstädte" [Braunschweig - Partner and Friendship Cities]. Stadt Braunschweig [City of Braunschweig] (en German). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2012. Consultado o 2013-08-07. 
  2. "Medmestno in mednarodno sodelovanje". Mestna občina Ljubljana (Ljubljana City) (en Slovenian). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2013. Consultado o 2013-07-27. 
  3. "Serpukhov Region". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2017. Consultado o 2009-04-15.