Saltar ao contido

SonDeSeu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de abril de 2017 ás 06:58 por Banjo (conversa | contribucións)
SonDeSeu
SonDeSeu nun concerto en Lugo en xullo de 2015.
OrixeVigo, Galicia Galiza
Período2001 – actualidade
Xénero(s)Folk , música galega
Na rede
http://www.sondeseu.org/
Facebook: OFGSonDeSeu Instagram: sondeseu_orquestra_folk Youtube: UCudWVKqMq2fW8uhopc50bfw Editar o valor em Wikidata

SonDeSeu é a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galiza, considerada como unha das primeiras orquestras folk de Europa[1], formada por 53 membros e dirixida por Rodrigo Romaní. É tamén unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Traxectoria

SonDeSeu en concerto, 2010.

Naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, hoxe Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, ETRAD,[2] experiencia singular que persigue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Dende entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama español e internacional. Con catro discos de estudio: “Mar de Vigo” (2004), “Trastempo” (2007), “Barlovento” (2010) e “Danzas Brancas” (2013), e a realización de numerosos concertos en Francia, Italia, Irlanda, Portugal, Finlandia e España, SondeSeu conta no seu haber con numerosos recoñecementos públicos. Os concertos ao vivo son unha celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana no que o público, integrado por xente de diversa idade e procedencia cultural, toma parte activa. Na actualidade, en colaboración co Concello de Vigo, SonDeSeu lidera o proxecto Enfo[3] (European Network of Folk Orchestras) no que se está a impulsar a creación de novas orquestras por toda Europa para consolidar unha rede estable de participación e intercambio. Empregan instrumentos construídos no país por artesáns, algúns dos cales pertencen á orquestra

En 2011 conseguiu o premio da Crítica Galicia de Música.

En decembro de 2013 editaron o seu cuarto traballo discográfico que leva por título "Danzas Brancas". Presenta nove temas compostos e arranxados por Rodrigo Romaní, Xaquín Xesteira, Quico Comesaña, Xosé Liz e Anxo Pintos.

Discografía

  • O seu primeiro disco chámase Mar de Vigo, e está formado por 8 cancións:
  1. "Mar de Vigo"
  2. "Grixoa"
  3. "Liñares"
  4. "Noite"
  5. "Maurus"
  6. "Rumbas de Monzo e Vergara"
  7. "A pequerrecha"
  8. "Carmiña no Berbés"
  • O seu segundo disco titúlase Trastempo, e está conformado polas seguintes cancións:
  1. "Alén"
  2. "A camposa"
  3. "Valse de Arousa"
  4. "Foliada de Nostián"
  5. "De Mostad a Millares"
  6. "Costureiriña"
  7. "Nun cacho dun anaco"
  8. "Namoreir@"
  9. "O paraíso"
  10. "Nena morena"
  11. "Ramanalama"
  12. "O cantar que nunca acaba"
  1. "Melchor de Cumieira"
  2. "Alalá de Padrón"
  3. "Mencer no camiño"
  4. "Aires de Moscarnoia"
  5. "Romance de Mirabella"
  6. "O Galo de Leirado"
  7. "Canto de Arrierio na Lomosa"
  8. "Tradiculata"
  9. "Nadal de Caroi e Reis de Rinlo"
  10. "Espadelada de Penosiños"
  11. "Barlovento"
  • O cuarto disco saíu o 18 de decembro de 2013 co título de Danzas Brancas. Neste disco contaron coa colaboración do trikitilari euskaldún Kepa Junkera. Os temas son os seguintes:
  1. "Folerpas e Danzas brancas"
  2. "Insua"
  3. "O Rillachavos"
  4. "Sil lenzo"
  5. "Rumbas de Marcial e Barciademera"
  6. "Xota de Cortellas"
  7. "Pasodobre das Anduriñas"
  8. "Rosa Desvairada"
  9. "O Mandil"

Integrantes da orquestra

  • Dirección xeral: Rodrigo Romaní
  • Arpas (Director Rodrigo Romaní): Inés Lorenzo, Laura Barreiro, Olalla Vidal, Marta Barreiro, Lorena Reinaldo, Beatriz Martínez.
  • Canto (Director Javier Feijoó "Chisco"): Mª José Balado, Anaïs Barbier, Xela Conde, Ana Domínguez, Eva González, Sara Malvido, Rosa Martínez, Mª Mercedes Pazos, Leticia R. Pais, Teresa Santamaría, Itziar Solar, Raquel Valcarce
  • Gaitas (Director Xaquín Xesteira): Sito Muiños, Xose L. Sanromán, Marina Vigo, Antonio Prieto, Ana Pereira
  • Requintas (Director Xosé Liz): Pilar Vieira, Teresa Varela, Xaime Rebollo.
  • Zanfonas (Director Anxo Pintos): Sandra Fernández, Paula García, Paz Martínez, Iván Costa, Liliana Carro, María Muras, Teresa Gómez.
  • Percusións (Director Xaquín Xesteira): Anxo Pardo, Marilú Campos, Eva González, Xavier Figueroa, Julia Feijoo
  • Violíns (Director Alfonso Franco): Begoña Riobó, Paco Táboas, Nuria Zunzunegui, Jose Varela, Felipe Rodicio, Ismael Cabaleiro
  • Bouzoukis: (Coordinador: Xosé Liz): Marta M. Valladares, Xosé Liz, Samuel Soto

[4]

Notas

  1. xornal A Nosa Terra, 1-4-2010, páx. 27
  2. [1]
  3. [2]
  4. http://www.sondeseu.org/

Véxase tamén

Ligazóns externas