Begoña Riobó
Begoña Riobó | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Orixe | Vigo, Galicia |
Ocupación | Violinista |
Xénero | Folk |
Instrumento(s) | Violín, arpa céltica |
Na rede | |
![]() ![]() |
Begoña Riobó, nada en Vigo, é unha violinista, arpista e compositora de folk galega.[Cómpre referencia]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Historia da Arte[1] pola Universidade de Santiago de Compostela é, a día de hoxe, unha das violinistas con máis proxección artística no relacionado coa música galega[2].
Adícase a achegar a música tradicional galega por medio do violín, así como é profesora na escola de música tradicional de Vigo E-trad, onde imparte clases de arpa céltica.
É cofundadora da orquestra SonDeSeu, coa cal editou numerosos discos dende o 2003. No ano 2011 publicou o seu primeiro disco co grupo Riobó, o cal recibe o mesmo nome e que a deu a coñecer como violinista solista.
Viaxou polo mundo levando o violín en galego a países como Francia, Italia, Irlanda ou Finlandia. Colaborou tamén na gravación de discos infantís[3].
Participa ademais no traballo pola integración social, coa axuda da música, dos refuxiados[4] e é cofundadora do campamento de verán Galicia Fiddle Camp da asociación Galicia Fiddle, axudando a mozos e mozas a coñecer a música galega por medio do violín[5].
É cofundadora do grupo Irtio[6].
Discografía[editar | editar a fonte]
En solitario[editar | editar a fonte]
- Riobó (2011)
- Quiral (2015)
Con Sondeseu[editar | editar a fonte]
- Mar de Vigo (2003)
- Trastempo (2007)
- Barlovento (2010)
- Danzas Brancas (2013)
- Beiralúa (2018)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "San Simón Fiddle: Profesorado". www.galiciafiddle.com. Consultado o 2019-04-27.
- ↑ "Begoña Riobó". www.begoriobo.com. Consultado o 2019-04-27.
- ↑ "(Páxina 41)" (PDF). anosaterra.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2019. Consultado o 2019-04-27.
- ↑ "San Simón Fiddle se abre a refugiados sirios en Vigo". Atlántico (en español). Consultado o 2019-04-27.
- ↑ "San Simón Fiddle". www.galiciafiddle.com. Consultado o 2019-04-27.
- ↑ "San Simón Fiddle: Profesorado". www.galiciafiddle.com. Consultado o 2019-04-27.