Soiuz MS-11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-11
A Soiuz MS-11 achegándose á ISS.
TipoTripulada
Data de lanzamento3 de decembro de 2018[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6][5]
Regreso25 de xuño de 2019[1][5]
NSSDC ID2018-098A

Soiuz MS-11 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 3 de decembro de 2018 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][6]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-11, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Kononenko, Anne McClain e David Saint-Jacques a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Orixinalmente planificada para ser lanzada o 20 de decembro, o accidente da Soiuz MS-10 obrigou a adiantar a engalaxe da MS-11. Con esta misión retomáronse as operacións normais na ISS. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas, acoplándose ao módulo Poisk e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 57, Sergei Prokopiev, Alexander Gerst e Serena Auñón-Chancellor. Despois da marcha da Soiuz MS-09 comezou oficialmente a Expedición 58 cos membros da Soiuz MS-11. Tras 204 días en órbita, a Soiuz MS-11 desacoplouse do módulo Poisk o 25 de xuño de 2019. A unha distancia adecuada da estación, a Soiuz acendeu o seu motor para frear o suficiente como para poñerse nunha traxectoria de reentrada, pero pouco despois de completarse o acendido saltou unha alarma indicando un problema co circuíto principal de propulsión. Os cosmonautas conmutaron ao circuíto secundario, que funcionou sen problemas ata a reentrada. A Soiuz 11 aterrou a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-11" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS 11" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 7 February 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-01811 (E)). 21 de marzo de 2019: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2024). "Soyuz MS-11" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz resumes crew flights after launch failure" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]