Anne McClain
Anne McClain | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 7 de xuño de 1979 |
Lugar | Spokane |
Actividade | |
Misións | Soiuz MS-11, Expedición 57, Expedición 58 e Expedición 59 |
Tempo no espazo | 94,48 días |
Premios | Marshall Scholarship, Estrela de Bronze, Medalla do Aire, Medalha de Comenda, Medalha do Serviço de Defesa Nacional, Iraq Campaign Medal e Global War on Terrorism Service Medal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Anne Charlotte McClain, nada en Spokane, Washington, o 7 de xuño de 1979, é unha astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz MS-11 e foi membro das expedicións 57, 58 e 59 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
McClain graduouse en enxeñaría aeronáutica e mecánica pola Academia Militar de West Point en 2002 e é máster en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Bath (Reino Unido) en 2004. Tamén é máster en relacións internacionais pola Universidade de Bristol en 2005.[1][2]
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xuño de 2013, participando na misión Soiuz MS-11 e sendo membro das expedicións Expedición 57|57, Expedición 58|58 e Expedición 59|59 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 94,48 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "McClain, Anne Charlotte" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (7 de outubro de 2019). "Anne C. McClain (Lt Col, U.S. Army) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anne McClain ![]() |