Serena Auñón-Chancellor
Aparencia
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de abril de 1976 Indianapolis |
| Educación | University of Texas Medical Branch at Galveston - Master of Public Health (en) University of Texas Medical Branch at Galveston - medicina (–2001) Universidade George Washington - enxeñaría eléctrica (–1997) Poudre High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, acuanauta, médica, cirurxiá |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Tempo no espazo | 196 días, 17 horas e 49 minutos |
Serena Maria Auñón-Chancellor, nada en Indianapolis o 9 de abril de 1976, é unha astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz MS-09 e foi membro das expedicións 56 e 57 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Auñón graduouse en enxeñaría eléctrica na Universidade George Washington de Washington, D.C., en 1997 e ten un doutoramento en medicina pola Universidade de Texas en Houston en 2001. Foi seleccionada como candidata a astronauta pola NASA en xullo de 2009, graduándose en novembro de 2011. Participou na misión Soiuz MS-09 e foi membro das expedicións 56 e 57 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 196,74 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Mark Wade (2022). "Aunon, Serena Maria" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2022.
- 1 2 NASA, ed. (16 de outubro de 2019). "Serena M. Auñón-Chancellor (M.D.) NASA Astronaut" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serena Auñón-Chancellor |