Poisk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modulo Poisk.

O Poisk, que en ruso significa procura, tamén coñecido como o Mini-Research Module 2 ou pequeno módulo de investigación 2 é un módulo da Estación Espacial Internacional. En esencia é o anteriormente cancelado Compartimento de Embarque 2 (DC2). É moi semellante á Cámara Pirs (a cal foi deseñada soamente para 5 anos). O módulo engalou o 10 de novembro de 2009, ás 14:22 horas GMT, unido a unha nave Progress, denominada Progress M-MRM2, sobre un foguete Soiuz-U.