Soiuz MS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soiuz MS
Soyuz MS-01 is approaching the ISS (2).jpg
Descrición
Función: Misións na órbita terrestre.
Tripulación: Tres cosmonautas.[1][2]
Dimensións
Altura::
Diámetro:
Lanzamento Carga útil: -
Retorno de Carga útil: -
Masa no lanzamento:
Volume Presurizado: 9 m3[2]
Enerxía Eléctrica
Fonte: Paneis solares[2]
Tamaño:
Enerxía Xerada: 0,70 kW[2]
Motores a bordo
Motor principal:
Propulsores:
Rendemento
Resistencia: 200 días[2]
Apoapse:
Periapse :
Inclinación:
Lanzamento
Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur
Rampla:
Foguete Acelerador: Soiuz FG

Soiuz MS é un modelo de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre e dar servizo á Estación Espacial Internacional. O seu primeiro voo tivo lugar en 2016.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A Soiuz MS é unha mellora da Soiuz TMA, con cambios centrados nun novo ordenador de a bordo, redundancia no control de actitude e no sistema de acoplamento e paneis solares máis modernos. Entre as melloras están:[1][2]

  • Aumento da eficiencia das células solares dun 12% a un 14% e área dos paneis solares aumentada en 1,1 m2.
  • Se engade unha quinta Baterías de 155 Amperio-hora de capacidade.
  • Capas antimeteoroides adicionais no módulo orbital.
  • Uso do novo ordenador TsVM-101 de só 8,3 kg de peso fronte aos 70 kg do ordenador Argon 16 anterior.
  • Propulsores de control de actitude reordenados para permtir o acoplamento e desacoplamento cun propulsor averiado e a deorbitación con dous averiados.
  • Mellora da redundancia mediante o uso de dous subsistemas de propelente independentes.
  • Uso do sistema de navegación por satélite ASN-K capaz de utilizar os sinais do sistema GLONASS e GPS para navegación autónoma e para a localización da cápsula despois da aterraxe.
  • Sistema de comunicacións e telemetría integrado capaz de usar os satélites Luch, TDRS e EDRS para comunicarse coas estacións terrestres.
  • Sistema de acoplamento automático Kurs-NA.
  • Motor eléctrico de respaldo no sistema de acoplamento.
  • Televisión dixital.
  • Sistema de iluminación exterior baseado en LEDs.
  • Un sistema de rexistro de voo para gravar voz e datos durante a misión.

Voos[editar | editar a fonte]

Número[1][2] Data[1][2] Centro de lanzamento[1][2] Misión[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 7 de xullo de 2016 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-01 Éxito Primeiro voo dunha nave Soiuz MS.
2 19 de outubro de 2016 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-02 Éxito
3 17 de novembro de 2016 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-03 Éxito
4 20 de abril de 2017 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-04 Éxito
5 28 de xullo de 2017 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-05 Éxito
6 12 de setembro de 2017 Cosmódromo de Baikonur Soiuz MS-06 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -MS 01 - 12 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 Mark Wade (2017). "Soyuz MS" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]