Soiuz MS-06

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-06
Engalaxe da Soiuz MS-06.
TipoTripulada
Data de lanzamento12 de setembro de 2017[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6][5]
Regreso28 de febreiro de 2018[1][5]
NSSDC ID2017-054A

Soiuz MS-06 foi unha misión espacial tripulada de Rusia lanzada o 12 de setembro de 2017 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][6]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-06, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Alexander Misurkin (comandante), Mark T. Vande Hei (enxeñeiro de voo) e Joseph Acaba (enxeñeiro de voo) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seis horas despois do seu lanzamento, acoplándose ao módulo Poisk e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 53, Sergei Riazanski, Randy Bresnik e Paolo Nespoli, e comezando a Expedición 54. Durante a misión, Misurkin xunto con Anton Shkaplerov, (da Soiuz MS-07), levaron a cabo un paseo espacial para desmontar un receptor de radio e soltalo para reentrar na atmosfera e instalar un novo receptor para que o segmento ruso poida comunicarse a través dos satélites Luch cara terra. Despois de cinco meses e medio de misión, os membros da Soiuz MS-06 cederon o mando da estación aos membros da Expedición 54. A Soiuz MS-06 desacoplouse do módulo Poisk o 27 de febreiro, tocando terra case tres horas e media máis tarde.[2][3][4][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-06" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-06" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 20 November 2017 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (18-01120 (E)). 28 de febreiro de 2018: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2024. Consultado o 30 de xaneiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2024). "Soyuz MS-06" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). [h "Soyuz MS-06 completes a successful mission"] |url= incorrecto (Axuda) (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]