Saltar ao contido

Soiuz MS-05

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-05
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Organizador/a
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
28 de xullo de 2017 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
Cifras e dimensións
 Duración
   12.027.436 s Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Soiuz MS-05 foi unha misión espacial tripulada de Rusia lanzada o 28 de xullo de 2017 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-05, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Riazanski, Randy Bresnik e Paolo Nespoli a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seis horas despois do seu lanzamento, coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 52, Fiodor Iurchikhin, Peggy Whitson e Jack Fischer, e comezando a Expedición 53. Durante a misión, Riazanski levou a cabo xunto con Iurchikhin o 43 paseo espacial desde o segmento ruso da ISS, no cal os cosmonautas soltaron varios nanosatélites e instalaron diverso equipo científico. Despois de 139 días de misión, os membros da Soiuz MS-05 cederon o mando da estación aos membros da Expedición 54, chegada a bordo da Soiuz MS-06 (Alexander Misurkin, Mark T. Vande Hei e Joseph Acaba). A Soiuz MS-05 desacoplouse do módulo MIM-1 ás 5:14 GMT do 14 de decembro, tocando terra ás 8:37.[1][2][3][4]

  1. 1 2 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-05" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
  2. 1 2 "Note verbale dated 5 September 2017 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (18-01363 (E)). 9 de marzo de 2018: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2024. Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
  3. 1 2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
  4. 1 2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-05 completes a successful mission" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]