Comunidade virtual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Denomínase comunidade virtual a aquela comunidade cuxos vínculos, interaccións e relacións teñen lugar, non nun espazo físico senón nun espazo virtual como Internet. As comunidades virtuais fórmanse a partir de intereses similares entre un grupo de persoas. Organízanse e levan a cabo a partir de obxectivos en específico. Pode ser de calquera tema, non hai restricións. As comunidades saben que son redes, evolucionan deste xeito, ampliando os membros, diversificándose entre si, nacen no ciberespazo.[1]

O termo de comunidade virtual foi utilizado por primeira vez por Howard Rheinhold, no seu libro The Virtual Community: Homesteading on the Electronic Frontier, escrito en 1994.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

Os obxectivos principais da comunidade virtual son os seguintes:

  • Intercambiar información (obter respostas correctas)
  • Ofrecer apoio (empatía, expresar emoción)
  • Conversar e socializar de maneira informal a través da comunicación simultánea
  • Debater, normalmente a través da participación de moderadores.

Tipos[editar | editar a fonte]

Hai diferentes tipos de comunidades virtuais:

  • Foros de discusión
  • Redes sociais (Facebook, Twitter)
  • Correo electrónico e grupos de correo electrónico
  • Grupos de noticias
  • Vídeo Conferencias
  • Chat
  • Dimensión de Usuario Múltiple: é un sistema que permite aos seus usuarios converterse no personaxe que desexen e visitar mundos imaxinarios nos que participar xunto a outros individuos en xogos ou outro tipo de actividade.
  • Xestores de contido
  • Sistemas Peer to Peer (P2P)
  • BBS (sistema de taboleiro de anuncios)

E ademais das de carácter informático, existen as que se enlazan a través doutros medios:

  • Caixas de chat populares a inicio dos 90, consistían nunha central telefónica na que coincidían varios usuarios.
  • Comunidades de radioaficionados, tan antigas como o mesmo invento e vixentes aínda en canles de radio aberta e intercambian información sen estar fisicamente no mesmo sitio.
  • Televisivas, xeralmente cun programa como anfitrión que concentra os contactos dos membros e intercambia con eles a través da emisión televisiva.

Aspectos a considerar[editar | editar a fonte]

A continuación móstranse cales son os principais aspectos a considerar para alcanzar o máximo desenvolvemento das iniciativas empresariais sustentadas en comunidades virtuais

  • Unha comunidade virtual aséntase sobre 2 alicerces fundamentais: a comunicación e un desexo de relación entre os membros con intereses comúns
  • Medir o éxito
  • Fortalecer o sentimento de comunidade
  • Analizar necesidades
  • Fomentar a autoxestión
  • Minimizar o control
  • Especializar papeis
  • Estrutura tecnolóxica

Beneficios que achegan e outros varios[editar | editar a fonte]

Os principais beneficios que achegan as comunidades virtuais nos negocios son os seguintes:[2]

  • Branding
  • Mercadotecnia de relacións
  • Redución de custos
  • Provisión de ingresos
  • Desenvolvemento de novos produtos
  • Introdución de novos produtos
  • Creación de barreiras á entrada
  • Adquisición de novos clientes
  • Cibercultura

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galindo Caceres, J. (2013). Construcción de una comunidad virtual. Signo y Pensamiento, 19(36), 93-102.
  2. "Beneficios de las comunidades y las redes sociales en las empresas". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2018. Consultado o 29 de xuño de 2017.