Porto de Fonte da Cova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°18′49″N 6°43′52″O / 42.313728, -6.731232

Porto de Fonte da Cova

O porto de Fonte da Cova é un porto de montaña que comunica a comarca de Cabreira (provincia de León) coa comarca de Valdeorras (provincia de Ourense). Está situado a unha altitude de 1837 m.

Acceso[editar | editar a fonte]

Dúas rutas permiten acceder ao porto. Desde O Barco de Valdeorras tómase a estrada N-536 até Sobradelo (8 km) e de aí a OU-122 que leva cara ao porto (25 km). Desde a parte leonesa chégase desde La Baña pola LE-126 (10 km).

Actividades[editar | editar a fonte]

Desde os anos 1930 este lugar era coñecido polos pioneiros do esquí en Galicia e aquí creouse en 1975 unha pequena estación de esquí (Montañas de Trevinca, S.A.) que pechou poucos anos despois; aínda poden verse restos de dous remontes que chegaron a operar.

En 2006 inaugurouse un centro de desenvolvemento rural que comprende un hotel e un bar. Existe nas proximidades un refuxio de montaña da Federación Galega de Montañismo.

Desde o porto saen rutas de sendeirismo cara a Pena Surbia (2116 m), Pena Trevinca (2127 m), Pena Negra (2121 m), Sextil Alto, Moncalvo ou Picón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]