Soad Hosny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSoad Hosny

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) سُعاد حُسني Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) سعاد محمد كمال حسني البابا Editar o valor em Wikidata
26 de xaneiro de 1943 Editar o valor em Wikidata
O Cairo (Exipto) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xuño de 2001 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Stuart Tower, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata (Caída Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeExipto Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , cantante , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor em Wikidata - 2001 Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaher Awwad (1987–2001), morte
Zaki Fatin Abdelwehab
Ali Badrakhan
Salah Karim
PaiMohammad Hosni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsNajat Al Saghira (pt) Traducir e Ezz Eddin Hosni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0396071 Allocine: 10031 WikiTree: Hosny-2 Editar o valor em Wikidata

Soad Hosny (en árabe: سعاد حسني), nada no Cairo o 26 de xaneiro de 1943[1] e finada en Londres o 21 de xuño de 2001, foi unha actriz exipcia.[2] Foi coñecida como a "Cincenta do cinema exipcio" e unha das actrices máis influentes de oriente medio e o mundo árabe.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Soad Hosny naceu nunha familia de clase traballadora. O seu pai, de orixe kurda siria, traballaba como calígrafo no Cairo. Debutou no cine aos quince anos, interpretando o papel principal nunha comedia musical de Henri Barakat titulada Hassan wa Nayima.[4]

A principios dos anos 70 fíxose famosa en todo o mundo árabe grazas a Khalli balak min Zouzou, unha comedia musical do cineasta Hassan Al-Imam, en que interpretaba unha universitaria militante.[4][5] Soad Hosny, alcumada a “Cincenta da pantalla árabe”, converteuse nunha das actrices emblemáticas do cinema exipcio e rodou cen filmes en trinta anos.[5] Vivindo na época do nasserismo e do panarabismo laico, foi para moitos exipcios e árabes o símbolo do cambio e o rostro da modernidade.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Soad Hosny era media irmá da cantante Najet Essaghira.[5] A actriz casou varias veces, mais non tivo fillos. Casou co director Salah Karim en 1966 e despois compartiu a súa vida con Ali Badrakhan durante máis de dez anos. Volveu casar co escritor Maher Awwad en 1984.[6] A pesar dun idilio de varios anos, o cantante e actor Abdel Halim Hafez negouse a casar con ela.[5]

Desde finais dos anos 90, a actriz viviu en Londres, onde foi tratada por dor nas costas.[7][8] Tamén loitou por curar a súa depresión.[5] O 21 de xuño de 2001 (o aniversario do nacemento de Abdel Halim Hafez), caeu do sexto piso e faleceu. A televisión exipcia interrompeu os seus programas para anunciar a súa morte e milleiros de exipcios asistiron ao seu funeral.[9] Aínda que se mencionou a hipótese do suicidio, non están claras as circunstancias exactas da súa morte, e comezaron a circular rumores de asasinato.[7][9] A súa irmá Janja ficou convencida de que membros do goberno eran os responsables da súa morte e presentou unha denuncia. En 2013, o xuíz encargado do caso desestimouna por falta de probas.[7]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Al-Ra’i wal nissa’ (1991)
  • Huwa wa hiyya (serie de televisión, 1985)
  • Maw’ed ’ala al-’acha (1982)
  • Ahl el qema (1981)
  • Chafiqa wa Mitwalli (1976)
  • Alā man nutliq al-rusās (1975)
  • Karnak (1975)
  • Amirat houbbi ana (1974)
  • Ghouraba’ (1973)
  • Al-Nass wal-Nil (1972)
  • Khalli balak min Zouzou (1972)
  • Zawgaty Wal Kalb (1971)
  • Al-Ikhtiyar (1971)
  • Al-sitt al-nazra (1968)
  • Zawag ’ala altariqa al-haditha (1968)
  • Al-Zawga al-sniya (1967)
  • Hayawanat 1987 (1967)
  • Chabab magnoun giddân (1967)
  • Chaqat al-talaba (1967)
  • Saghira ’al-houb (1966)
  • Al-Qāhira 30 (1966)
  • Laylat zafaf (1966)
  • Al-’o al thalatha (1964)
  • Al-tariq (1964)
  • Al-mourahiqân (1964)
  • Al-jarima al-dahiqa (1963)
  • Al-’ariss yasel ghadân (1963)
  • Maw’ed fil-bourg (1962)
  • Al-Daw’ al khafet (1962)
  • Ghosn el zeitoun (1962)
  • A’az el-habayeb (1961)
  • Ichaat houbb (1960)
  • Li rigal fakat (1960)
  • Gharamiyat imra’a (1960)
  • Mal wa nesaa (1960)
  • Banat waal saif (1960)
  • Rigal wa imra’a (1960)
  • Hassan wa Na'ima (1959)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "وثيقة مكتوبة : شهادة ميلاد سعاد حسني 1943 م". souad.banouta.net. Consultado o 31 de outubro de 016. 
  2. "Roa'ya Assar – بالمستندات الرسمية: سعاد حسني مصرية و وُلدت... | Facebook". www.facebook.com. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  3. "Egyptian Cinderella". Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Hakem, Tewfik (26 de xuño de 2002). "Souad Hosni, star libérée de l’Egypte nassérienne". Le Monde (en francés): 31. ISSN 0395-2037. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Ayad, Christophe (4 de xullo de 2001). "Mort de la «Cendrillon» arabe". Libération. 
  6. Moheb, Yasser (27 de xuño de 2001). "La mort de Cendrillon". Al-Ahram. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Egypt judge halts investigations into film icon's 2001 'suicide'". Al-Ahram (en inglés). 25 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2022. Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  8. Chadi, Ali Abou (2002). "Souad Hosni, une étoile-née". Institut du monde arabe. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 10 de xullo de 2022. 
  9. 9,0 9,1 "Egyptians mourn screen Cinderella". BBC News (en inglés). 28 de xuño de 2001. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]