Jack Endino
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1964 Seattle |
| Actividade | |
| Ocupación | músico, guitarrista, cantautor, enxeñeiro de son, produtor musical |
| Período de actividade | 1985 |
| Xénero artístico | Grunge |
| Instrumento | Baixo e guitarra |
| Selo discográfico | Sub Pop |
| Sitio web | endino.com |
Jack Endino é un produtor musical de Seattle. Asociado co selo da cidade Sub Pop e co movemento grunge, Endino traballou en álbums de bandas como Mudhoney e Soundgarden, pero é máis coñecido pola produción do primeiro traballo de Nirvana, Bleach, editado en 1989. Máis recentemente produciu álbums para bandas como Hot Hot Heat e Zeke.
Tamén tocou nunha banda chamada Skin Yard e en outubro de 2005 editou o seu terceiro álbum en solitario, Permanent Fatal Error. Os seus outros dous álbums son Angle of Attack e Endino's Earthworm.