Simone Assemani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSimone Assemani

Globus caelestis Cufico-Arabicus Veliterni musei Borgiani, 1790
Biografía
Nacemento19 de febreiro 1752
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte7 de abril de 1821 (79 anos)
Padua.
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Italiano.
RelixiónCatólico.
Educación Universidade de Roma La Sapienza.
Actividade
Campo de traballoNumismática e orientalismo.
Ocupaciónlingüista , numismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Padua Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata


Simone Assemani, nado en Roma o 19 de febreiro de 1752 e finado en Padua o 7 de abril de 1821, foi un numismático e orientalista Italiano de orixe libanesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe familiar[editar | editar a fonte]

Assemani é o apelido dunha ilustre familia maronita do Líbano, catro de cuxos membros, todos eles cregos, se distinguiron pola súa erudición durante o século XVIII en Oriente e en Europa.[1]

Un deles foi Simone Assemani, nado en Roma o 19 de febreiro de 1852, fillo de nai italiana, chamada Marta Maria Devoti, e de pai libanés maronita, chamado Elia Antonio Assemani.[2] Simone era sobriño neto do tamén orientalista Giuseppe Simone Assemani.[3][4]

Carreira como erudito[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de Teoloxía na Universidade La Sapienza de Roma e recibiu a orde sacerdotal polo rito latino, en lugar do maronita.[4] Logo pasou varios anos de ministerio en Siria e Exipto.[1][2][3]

De volta en Europa en 1778, regresou a Roma e a Xénova, coa intención de viaxar a América, aínda que non llo permitiron.[1] Logo viaxou a Alemaña e a Austria, onde traballou na Biblioteca Imperial de Viena.[2][3]

En 1875 exerceu como profesor de linguas orientais no Seminario Maior de Padua, e en 1807 encomendóuselle o ensino das linguas orientais das Sagradas Escrituras na Universidade de Padua,[1][2][5] actividade que mantivo ata a súa morte en 1821.[3]

Simone Assemani foi académico xubilado da Real Academia Imperial das Letras e as Artes de Padua.[2][3]

Morreu en Padua o 7 de abril de 1821.[1][3][2][5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Simone Assemani:[6]

Numismática[editar | editar a fonte]

Orientalismo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Canini, E. (2021). "Simone Assemani: la Sacra Scrittura e le lingue orientali". En Periodico Daily. 19 de febreiro.
  • Contadini, A. (1989). "Simone Assemani, professore di lingue orientali a Padova". En Gallotta, A.; Marazzi, U. (Hrsg.). La Conoscenza dell'Asia e dell'Africa in Italia nei secoli XVIII e XIX3, 1. Istituto Universitario Orientale, Nápoles. Páxinas 209-245.
  • Levi della Vida, G. (1962). "Assemani, Simone". En Dizionario biografico degli Italiani. Vol. 4.
  • Oussani, G. (1907-1912) "Assemani. Illustrious Maronite family of Mount Lebanon, Syria". En Catholic Encyclopedia (Catholic.com).
  • Pontani, A. (2013). "Nuovi contributi all'archivio di Simone Assemani (1752-1821): la biografia e il carteggio con Giovanni Cristofano Amaduzzi". En Quaderni per la storia dell'Università di Padova, 46. Páxinas 61-104.
  • Zabeo, G. P. (1821). "Assemani Simone". En Prospetto delle letture … del cesareo-regio istituto di scienze, lettere ed arti... Bettoni, Padua. Páxinas 144-147.