Simon Vroemen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaSimon Vroemen

Simon Vroemen no Campionato dos Países Baixos de 3.000 metros obstáculos
Nome orixinalSimon Frans Vroemen
Biografía
Nacemento11 de maio de 1969
Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Datos persoais
País de nacionalidadeHolandesa
EducaciónWageningen University & Research (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,89 metros
Peso67 quilos
Actividade
Ocupaciónatleta , fondista Editar o valor em Wikidata
DeporteAtletismo
Posición de xogoMedalla de prata no Campionato de Europa de Atletismo de 2002
Participou en
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor em Wikidata

Páxina webhttps://www.facebook.com/simon.vroemen
IAAF: 14214729 Editar o valor em Wikidata


Simon Frans Vroemen, nado o 11 de maio de 1969 na vila surholandesa de Delft, é un atleta holandés retirado especialista na modalidade de 3.000 metros obstáculos.[1]

Acadou o récord de Europa en Mónaco en 2002, con 8 minutos, 6 segundos e 91 centésimas, acadado en Mónaco. Ese mesmo ano gañou a medalla de prata no Campionato de Europa de Atletismo de Múnic, por detrás do campión, o español Antonio David Jiménez. En 2004, o atleta francés Bouabdellah Tahri igualou o seu mellor rexistro europeo.

Posteriormente, logo do Campionato do Mundo de Atletismo de 2005, Vroemen rexeitou a posibilidade de ocupar o papel de lebre no intento de acadar a mellor marca mundial para Saif Saaeed Shaheen no Memorial Van Damme de Bruxelas, para se centrar na súa carreira individual[2]. Deste xeito, acadou un novo récord europeo cunha marca de 8 minutos, 4 segundos e 95 centésimas.[3]

Logros deportivos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Simon Vroemen Arquivado 21 de agosto de 2011 en Wayback Machine.". En SR/Olympic Sports (en inglés)
  2. "Simon Vroemen". En Track and Field Statistics (en inglés)
  3. "Simon Vroemen. Athele profile". En International Assocition of Athletics Federations (en inglés)
  4. Perfil de Simon Vroemen no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]