Sikhote-Alin
Sikhote-Alin | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
Continente/s | Asia |
País/es | ![]() |
Coordenadas | 45°20′N 136°10′L / 45.333, -136.167Coordenadas: 45°20′N 136°10′L / 45.333, -136.167 |
Datos | |
Principais cumes | Tordoki Yani |
Cota | 2090 msnm |
Lonxitude | 900 |
O Sikhote-Alin (en ruso: Сихотэ́-Али́нь, |ˈsiːkəˌteɪ_ə'liːn|) é unha cordilleira situada nos krai de Primorsky e Khabarovsk en Rusia, que se estende por uns 900 km ao nordés de Vladivostok. Os cumios máis altos son Tordoki Yani (2077 m), o monte Ko (2003 m) e o monte Anik (1933 m).
Xeografía[editar | editar a fonte]
Aínda que Sikhote-Alin é unha zona temperada, coexisten especies típicas da taiga setentrional (como o reno e o oso pardo) co leopardo, o tigre e o oso negro. A rexión ten poucos lobo debido á competencia cos tigres,[1] un dos maiores felinos do mundo.[2] A árbore máis vella da rexión é un Taxus cuspidata milenario.[3]
O núcleo da rexión só pode ser visitada por equipos de exploradores.
Historia[editar | editar a fonte]
Crese que o nome procede do manchú alin "montaña".
Nas décadas de 1910 e 1920, Sikhote-Alni foi explorada en profundidade por Vladimir Arsenyev (1872-1930) que describiu as súas aventuras en varios libros, especialmente en Dersu Uzala (1923), que foi levado ao cine en 1975 por Akira Kurosawa. En 1935 establecéronse os refuxios da vida salvaxe de Sikhote-Alin e Lazo para preservar a fauna da rexión.
O 12 de febreiro de 1947 tivo lugar nestas montañas unha das maiores chuvias de meteoros da historia recente. O meteorito de Sikhote-Alin estoupou na atmosfera segundo caía, facendo que caesen toneladas de metal nunha rexión elíptica duns 1,3 km2. Formáronse cráteres, o maior de 26 m de diámetro.
En 2001, a UNESCO incluíu"Sikhote-Alin central" na lista de lugares Patrimonio da Humanidade, citando a súa importancia para a "supervivencia de especies en perigo como o Mergus squamatus, o Bubo blakistoni e o tigre siberiano". A rexión incluída ten unha área de 16 319 km2, da que o núcleo central da reserva natural comprende 3985 km2.[4] En 2018, a zona Patrimonio da Humanidade estendeuse 11 605 km2 ao incluír o Parque Nacional de Bikin co nome de "Val do Río Bikin".[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Tigers and Wolves in the Russian Far East: Competitive Exclusion, Functional Redundancy, and Conservation Implications". savethetigerfund.org. Arquivado dende o orixinal o 30-10-2007. Consultado o 09-07-2008.
- ↑ Slaght, J. C., D. G. Miquelle, I. G. Nikolaev, J. M. Goodrich, E. N. Smirnov, K. Traylor-Holzer, S. Christie, T. Arjanova, J. L. D. Smith, Karanth, K. U. (2005) Chapter 6. Who's king of the beasts? Historical and recent body weights of wild and captive Amur tigers, with comparisons to other subspecies. Páxinas 25–35 en: Miquelle, D.G., Smirnov, E.N., Goodrich, J.M. (Eds.) Tigers in Sikhote-Alin Zapovednik: Ecology and Conservation. PSP, Vladivostok, Rusia (en ruso)
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 29-09-2007. Consultado o 29-09-2007. Nature Monument "Sikhote - Alin". Center for Wildlife Rehabilitation "UTES" (en ruso)
- ↑ "Central Sikhote-Alin - Russian Federation" (PDF).[Ligazón morta] United Nations Environment Programme
- ↑ "Bikin River Valley". UNESCO. Consultado o 3 de xullo de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sikhote-Alin ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- UNESCO — Sikhote-Alin World Heritage Site
- Natural Heritage Protection Fund: Central Sikhote-Alin - at Natural Heritage Protection Fund
- Zhuravlev, Yu. N., ed. (2000) Стратегия сохранения биоразнообразия Сихотэ-Алиня = A Biodiversity Conservation Strategy for the Sikhote-Alin' Vladivostok: Russian Academy of Sciences, Far Eastern Branch