Sidecar (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sidecar
Autor/aAlberto Lema
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónIlla Nova (número 11)
Xénero(s)Novela
EditorialGalaxia
Data de pub.abril de 2009
Formatorústica con lapelas
Páxinas168
ISBN978-84-9865-175-1
Precedido porUnha puta percorre Europa
Seguido porDa Máquina

Sidecar é unha novela de Alberto Lema, publicada por Editorial Galaxia en abril de 2009. Aínda que publicada nun só volume, abrangue dúas historias independentes: A fame fatal e A síndrome de Rubens.

Trama[editar | editar a fonte]

A fame fatal[editar | editar a fonte]

Mario é un rapaz de aldea que vive en Santiago de Compostela e traballa como vendedor de chourizos. Comparte piso con César, fillo de narcotraficante, que estuda na USC. Adoitan saír de noite coa intención de pasalo ben e ligar, e gostan de debater sobre arte e cultura.

Unha noite coñecen a Ada, coa que Mario comeza a quedar. Logo dunha exaculación precoz na primeira relación sexual xuntos, Mario chama a Charo, unha antiga moza, para botar un foguete. Despois diso, o sexo con Ada vai ben. Chegan a un acordo tácito, polo cal poden ter relacións sexuais con outras persoas, pero deben informar ao outro.

Un día, Ada dille que mantivo unha relación sexual con Luz, unha amiga súa. Isto enfada moito a Mario, que non o entende. Toma a decisión de deixar a cidade e o seu traballo, e regresa á aldea á casa natal.

A síndrome de Rubens[editar | editar a fonte]

Henrique López é un rapaz da Coruña, que fala das súas preferencias sexuais. É heterosexual, e define o seu gusto como "a síndrome de Rubens", pois gústanlle as mulleres gordiñas. Esta parte inclúe unha introdución ("Miseria de psicoloxía"), catro relatos ("Lourdes", "Laura", "A dona dos números" e "Sara") e un epílogo.

En "Lourdes" conta a súa primeira experiencia libidinosa cunha muller, cando, con sete anos, acariñou os grandes peitos da nai dun amigo. En "Laura" conta a perda da virxindade xunto á súa moza do instituto, ao tempo que namora por primeira vez. En "A dona dos números" fala dunha relación sexual coa súa profesora de matemáticas en verán, mentres Laura está nun campamento. En "Sara", ambientado xa en Santiago de Compostela, narra o proceso de ligar cunha compañeira de facultade. Logo de coincidiren nunha sala da residencia de estudantes na que viven, Henrique (chamado así polo seu avó por Enrique Líster) comeza a mandarlle poemas a Sara, e ela descobre quen é.

Narración[editar | editar a fonte]

Os personaxes d' A fame fatal aparecen tamén na novela anterior de Alberto Lema, Unha puta percorre Europa, se ben esta está ambientada dous anos despois de estaren xuntos Ada e Mario.

As dúas partes están narradas en primeira persoa: a primeira por Mario e a segunda por Henrique.

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha Arquivado 26 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha na web da editorial.