Shkodër

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°4′N 19°30′L / 42.067, -19.500

Shkodër
Stema e Bashkisë Shkodër.svg
Albanian Alps from Rozafa.jpg
Vista da cidade
Localización
Shkodër en Albania
Shkodër
Shkodër
PaísFlag of Albania.svg Albania
CondadoShkodër
Xeografía
Altitude13 msnm
Superficie872,71 km²
Demografía
Poboación135 612
Densidade160/km2
Outros datos
AlcaldeVoltana Ademi (DP)
Páxina oficial

Shkodër ou Shkodra é unha cidade do noroeste de Albania, capital do distrito de Shkodër e do condado co mesmo nome. Estímase que no ano 2004 contaba cunha poboación de 90.000 habitantes, o que a converte na cuarta cidade máis grande do país.

Historia[editar | editar a fonte]

No século III a.C. xa era capital da tribo iliria dos Ardeanos, cuxo último rei, Genthius, mantivo a súa independencia ata o 168 a.C. cando foi derrotado polos romanos baixo o mando do xeneral Paulo Emilio durante as terceiras guerras ilirias, pasando a ser a provincia romana de Praevalitania.

Coa división do Imperio romano entre occidente e oriente Shkodër sería asignada ao dominio bizantino.

Co comezo da chegada das tribos eslavas no século VII as fronteiras do Imperio Bizantino retroceden, quedando a zona baixo dominio serbio. Quen a manterán dende o ano 1040 ata 1396, cando cae en poder dos venecianos e no ano 1479 na do Imperio Otomán.

Coa caída do Imperio Otomán a raíz da I Guerra Mundial a zona de Shkodër queda baixo dirección do goberno sito en Tirana, que pouco duraría debido á conquista do mesma por parte de Alemaña no marco da segunda guerra mundial. Queda baixo autoridade xermana ata que a resistencia antifascista dirixida polo movemento comunista de Enver Hoxha libera o país no ano 1941 e instaura a República Popular de Albania, que se manterá ata 1992, trala morte do líder comunista un ao antes e a raíz do período convulso que sofre Europa do Leste.

No século XIX a cidade converteuse un importante centro industrial (principalmente industria mecánica e eléctrica), comercial e cultural, sendo sede dunha Universidade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade aséntase a 25 quilómetros da costa, entre dous ríos e ao carón do lago do mesmo nome, o máis grande dos Balcáns, e rodeada de montañas. A parte montenegrina do lago Shkodër foi nomeado parque nacional no ano 1983. Do mesmo lago sae o río Buene, un dos poucos ríos navegábeis do país, que desemboca no Mar Adriático.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Un dos principais monumentos de Shkodër é o Castelo de Rozafa, situado no promontorio que domina a cidade foi fundado polos Ilirios e dominado por tódalas civilizacións que pasaron pola convulsa zona, sendo particularmente famosa a resistencia que nel levaron a cabo durante a I Guerra Mundial os otománs baixo a dirección de Hassan Riza Pasha e Essad Pasha.

Deportes[editar | editar a fonte]

É a sede do equipo de fútbol Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër, fundado en 1919 e que ao longo dos anos sufriu constantes cambios de nome, no seu palmarés ten 9 títulos da Liga albanesa de fútbol, 6 Copas e 2 Supercopas. O club participou na Copa de Europa 1978-79.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]