Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër, máis coñecido internacionalmente como KS Vllaznia, é un club de fútbol de Albania, da cidade de Shkodër. O seu estadio é o Loro-Boriçi.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado o 16 de febreiro de 1919 co nome de KS Bashkimi Shkodër, polo que é o club máis antigo de Albania. Dez anos despois sería renomeado como Bashkimi Shkodran e no ano 1935 como KS Vllaznia Shkodër, en 1950 KS Shkodër e un ano despois como Puna Shkodër. No ano 1958 adoptaría por segunda e definitiva vez o seu nome actual Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër.

Na tempada 1978-79 acadaría o seu maior éxito internacional, ao participar na Copa de Europa, na que foi eliminado en dazaseisavos de final ante o FK Austria Viena pese a gañar o partido de ida por 2-0 ao perder a volta cun contundente 1-4.

Equipamento[editar | editar a fonte]

  • Titular: Camiseta vermella con liñas verticais azuis con pantalón e medias vermellas.
  • Suplente: Camiseta, pantalón e medias azuis.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Liga de Albania (9): 1945, 1946, 1971-72, 1973-74, 1977-78, 1982-83, 1991-92, 1997-98, 2000-01
  • Copa de Albania (6): 1964-65, 1971-72, 1978-79, 1980-81, 1986-87, 2007-08
  • Supercopa de Albania (2): 1998, 2001
  • Campión da Segunda División de Albania (2): 1957, 1962

Adestradores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ficha do club[Ligazón morta]