Saltar ao contido

Shin Chan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shin Chan
Home disfrazado de Shin Chan na maratón de Osaka.
クレヨンしんちゃん
(Crayon Shin-chan)
Anime Shin-Chan
Dirixido por Mitsuru Hongo (1992-1996)
Keiichi Hara (1996-2004)
Yuji Muto (2004-)
Estudio Shin'ei Doga
Canle televisiva TV Asahi Animax
Galicia TVG, Cartoon Network, tvG2
Primeira emisión 13 de abril de 1992
Última emisión en emisión
Núm. de capítulos 1000+ (681 en galego)
Manga Shin-Chan
Creado por Yoshito Usui (臼井儀人)
Editor Weekly Manga Action Manga Town
Publicado en Futabasha
España Planeta DeAgostini
España ECC
Primeira edición Agosto de 1990
Última edición 5 de febreiro de 2010
Núm. de volumes 50
Manga Novo Shin-Chan
Creado por UY Team
Editor Weekly Manga Action Manga Town
Publicado en Futabasha
Primeira edición Agosto de 2010
Última edición Presente
Núm. de volumes 7

Shin Chan (en xaponés クレヨンしんちゃん, Crayon Shin-chan) é un manga do debuxante Yoshito Usui e unha serie de animación sobre a vida dun neno de 5 anos extravertido, falangueiro, descarado e moi larpeiro. Malia que o protagonista sexa un cativo, segundo o seu autor, a serie non vai dirixida ó público infantil, senón pola contra a un xuvenil ou mesmo adulto. Non obstante, os nenos son os que máis gozan da serie, quizais polo tópico de que os debuxos son para nenos.

En Galiza, o anime estreouse o 30 de setembro do 2002 emitíndose na canle autonómica TVG dentro do espazo xuvenil Xabarín Club e acadando moito éxito. Porén, Shin-Chan deixou de se emitir no Xabarín Club ó recibir protestas dos pais de que a serie é un mal exemplo para os cativos das casas, polo que se optou por botala fóra dese horario para a botar máis á tardiña. A finais do 2005, tras emitir os primeiros 364 episodios, a TVG non volvería emitir máis capítulos da serie ata o ano 2016 na tvG2.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Familia Nohara

[editar | editar a fonte]
  • Shinnosuke Nohara (野原しんのすけ) (Shin-chan). Ten 5 anos e apaixónalle as galletas de chocolate, a serie de televisión de Ultraheroe, as mozas en bikini e a sección de "adultos" da libraría. Encántalle o "baile do cu ó aire" e ensinar a "trompa" (piroliña), pero non lle gustan nada os pementos. O que mellor caracteriza este personaxe é o feito de que, estea onde estea, sempre acaba imperando o caos.
  • Hiroshi Nohara (野原ひろし), pai de Shin-chan (35 anos). Traballa na oficina da empresa Futaba, gaña pouco e acostuma ir de esmorga polos bares despois do traballo.
  • Misae Nohara (野原みさえ), nai de Shin-chan (29 anos). É ama de casa. Adoita durmir a sesta, e perde a paciencia con facilidade. De solteira apelidábase Koyama.
  • Himawari Nohara (野原ひまわり), a irmá máis nova (0 anos). Encántanlle as xoias caras e os mozos ben feitos.
  • Nevado (no orixinal xaponés Shiro, シロ, que significa "branco"), o can da familia. En teoría, Shin-chan coida del, pero rara vez se acorda de lle dar a comida.
  • Ginnosuke Nohara (野原銀の介), avó paterno de Shinnosuke (65 anos). Vive na prefectura de Akita e non se leva ben con Yoshiji Koyama. Ten a mesma personalidade que Shin Chan, polo que conxenian moi ben.
  • Tsuru Nohara (野原つる), avoa paterna de Shinnosuke.
  • Yoshiji Koyama (小山よし治), avó materno de Shinosuke. Vive en Kumamoto, na rexión de Kyūshū e lévase mal con Ginnosuke Nohara. É moi serio e detesta certos programas de televisión.
  • Hisae Koyama. É a avoa materna de Shinosuke.
  • Tooru Kazama (風間トオル), un neno moi listo de familia adiñeirada que polas tardes sempre ten clase de inglés nunha academia.
  • Masao Satō (佐藤マサオ), un neno moi choromicas que leva a cabeza rapada.
  • Nene Sakurada (桜田ネネ), unha nena á que lle gusta moito xogar a "papás e mamás". Cando se enfada zóscalle a un coello de peluche; actitude que herdou de súa nai.
  • Boo-chan, un neno que sempre leva un moco colgando do fociño. É algo torpe (salvo nalgúns casos) e practicamente non fala, pero de vez en cando di algunha cousa sensata.
Xunto con Shin-chan, forman o Exército de Kasukabe (a cidade onde viven).
  • Midori Yoshinaga (吉永みどり) (24 anos). É a mestra da clase dos Xirasois, a onde vai Shin-chan. Encántanlle os nenos, pero Shin-chan pon a proba a súa paciencia tódolos días, pois non a deixa en paz nin cando está co seu mozo Hishisaka.
  • Ume Matsuzaka (松坂うめ) (24 anos). Coida moito das aparencias, pero en realidade é bastante pobre. Gástase tódolos cartos en xoias e vestidos para logo ter que conformarse con comer pan durante un mes enteiro. Nunca consegue ligar e leva moita maquillaxe, cousa que Shin-chan se encarga de lle recordar a cada momento. Lévase mal con Yoshinaga e ten dúas irmás maiores chamadas Take Matsuzaka (松坂 竹, 26 anos) e Matsu Matsuzaka (松坂 松, 29 anos), e ámbalas dúas están na mesma situación ca ela.
  • Director, ó que Shin Chan chama "mafioso" pola súa aparencia física. Porén a súa personalidade esta cargada de paciencia e amabilidade. A súa aparencia (moitas veces axudado por Shin Chan) causoulle moitos problemas.
  • Masumi Ageo (上尾ますみ). É moi tímida, pero cando se quita as lentes vólvese agresiva.

Oficina da empresa Futaba, onde traballa Hiroshi

[editar | editar a fonte]
  • Kawaguchi é un subalterno de Hiroshi. É bastante tímido coas mozas, e non consegue ligar.
  • Yumi é a atractiva secretaria de Hiroshi, e acostuma aparecer nos soños deste.
  • Ultraheroe (en xaponés Action Kamen, アクション仮面) é o personaxe máis popular na televisión. Ten unha axudante, Mimiko, a quen sempre secuestran, e os seus ataques son o Ultra Puño, a Ultra Patada e o Ultra Raio. Shin-chan non se perde nin un episodio da serie.
  • Súper Robot, Súper Robot Kantam ou Robot Kantam (en xaponés Kuntam ou Kantamu, カンタム, nome baseado en Gundam).
  • Porquiño pirata ou Buriburi é un porco que acostuma debuxar Shin-chan, e para o que inventa diversas historias. Ás veces recompila estas historias en libros de debuxos que posteriormente intentará vender na libraría Kasukabe.
  • Exército Escarlata. Son tres rapazas (Yuko a Nervuda, Ogin Ollos Chiscos e Mari Carafunchos) que pretenden ser o terror da cidade, pero son confundidas con humoristas por Shin Chan.
  • As libreiras. Non conseguen vender libros tranquilamente sen se quitaren de encima a Shin-chan. Comunícanse mediante o código secreto xesticulado das libreiras.
  • Usuto Yoshii, parodia de Yoshito Usui, o debuxante de Shin-chan. É un debuxante que nunca chega a entregar a tempo o seu traballo por diversos motivos, todos eles relacionados con Shin-chan. O seu nome é unha reordenación silábica de Yoshito Usui.
  • Nanako, o grande amor platónico de Shin-chan, quen se volve firme e cabaleiroso cada vez que se atopa con ela. É unha universitaria que ten un pai que non quere que teña mozo, así que non lle gustan nada as intencións de Shin-Chan.
  • Michi (ミッチー) e Yoshirin (ヨシリン) son unha estoxadiza parelliña de casados. Viven ó lado dos Nohara. De cando en cando enfádanse por cousas sen importancia e buscan consolo na casa dos seus veciños. Acaban resolvendo os seus problemas, aínda que sempre logran "contaxiárllelos" a Hiroshi e Misae.
  • Keiko Honda (29 anos), unha amiga de Misae. Casou con Satoshi Honda, un debuxante de cómics oito anos máis novo ca ela. Ten un bebé chamado Hitoshi Honda. Na versión galega o seu nome é ás veces pronunciado coma Keko.
  • Kawamura, un neno que vai á clase das rosas, é moi bo en tódolos deportes pero nas competicións coa clase dos xirasois sempre é humillado por Shinnosuke.

O manga publícase cada semana na revista Weekly Action dende 1992. Tamén se publicaron por agora 40 tomos de 200 páxinas no Xapón. En España, tentouse editar o manga unha primeira vez, pero foi un fracaso. Malia todo, despois de que a serie demostrase ser un éxito, volveu editarse, e saíron á venda 42 libros en edición castelá e 70 en edición catalá, por Planeta DeAgostini.

Serie de Animación

[editar | editar a fonte]

Crayon Shin-chan (クレヨンしんちゃん) fíxose moi popular en Cataluña e logo pasou a outras televisións autonómicas co mesmo éxito, como sucedeu en Galiza.

Lista de episodios

[editar | editar a fonte]

No Xapón, a serie leva 24 anos en antena e segue saíndo un novo episodio cada semana. Actualmente emitíronse máis de 800 episodios.

Emitiuse por primeira vez o 13 de abril de 1992 na televisión xaponesa TV Asashi. Os capítulos duran cadanseus 20 minutos e están divididos en tres subcapítulos de 6:40, aínda que nas últimas tempadas na televisión xaponesa están a emitir tan só dous subcapítulos de diferente duración, e que xuntos completan os 20 minutos.

As cancións de Shin Chan

[editar | editar a fonte]

Sintonía da TVG

[editar | editar a fonte]

Sonche falangueiro, descarado e bo larpeiro, deixo a todos quedar mal. Shinnosuke é un bulebule pra enredar el éche o tal.

- Shinnosuke

Cando hai que conquistar, aí si que non teño par, e facendo as beiras son moi lanzado e picarón.

- Come on baby, come on baby. Os pementos que noxo dan.

Mira que trompa que cacho trompa.

Trompa ,trompa... e todos saben que son Shin Chan.

-¡Sinosuke!

Medo ten a xente cando me ve de repente, non se vai zafar ninguén. Se quedas comigo ímolo pasar moi ben e... verás que eu son especial.

Nos episodios 1-364 pódese oír está sintonía chamada Son moi popular.

Emitíronse dous peches dobrados ao galego. O primeiro, Quero protexerche o corazón rematou no episodio 256 e regresou no episodio 365. Do 257 ao 364, a canción de peche foi Ven comigo a esta festa.

Dobraxe ó galego

[editar | editar a fonte]
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
(Seiyū)
Shinnosuke "Shin Chan" Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Himawari Nohara Helena Amoedo Satomi Koorogi
Nevado Montse Davila Mari Mashiba
Nevado (subst.) Alicia Taboada Mari Mashiba
Toru Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba
Nene Sakurada Montse Davila Tamao Hayashi
Masao Sato Ana Ouro Mie Suzuki
Boo Chan Alicia Taboada Chie Sato
Ultraheroe Óscar Fernández Tesshō Genda
Superrobot Kantam Luís Iglesia Shinya Otaki
Superrobot Kantam (subst.) Antón Rubal Shinya Otaki
Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokurō Naya
Director "Mafioso" (subst.) Xoán Carballido Rokurō Naya
Midori Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada
Ume Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa
Masumi Ageo Carolina Vázquez Kotono Mitsuishi
Yuko a Nervuda Isabel Vallejo Megumi Ogata
Ogin Ollos Chiscos Beatriz García Hiromi Tsuru
Mari Carafunchos Xermana Carballido Akiko Muta
Porquiño Pirata Oscar Fernández Kaneto Shiozawa
Avó Nohara Miguel López Varela Ginzo Matsuo
Avó Koyama Antonio Mourelos Kenichi Sakaguchi
Kawaguchi Manolo Pombal Daiki Nakamura
Kawaguchi (subst.) Nacho Castaño Daiki Nakamura
Veciña Kitamoto Lucía Cid Reiko Suzuki
Libreira Nakamura Isabel Vallejo Sakurako Kishiro
Libreira Xefa Lucía Cid Hisako Kyouda
Usuto Yoshii Norberto Vilanova Takaya Hashi
Nanako Chelo Díaz Sayuri
Michi Isabel Vallejo Fumie Kusachi
Yoshirin Andrés Bellas Daisuke Sakguchi
Yoshirin (subst.) Oscar Fernández Daisuke Sakguchi
Keiko Ana Maciñeiras Minami Takayama
John Yamada Antía Álvarez Jiménez Yoshiko Matsuo
Moeko Sakurada Isabel Vallejo Shōko Saitō
Moeko Sakurada Isabel Vallejo Junko Hagimori (subst.)
Sr. Sakurada Norberto Vilanova Shinya Ōtaki
Avoa Nohara Ruth Pazo Olivares Chie Kitagawa
  • Voces adicionais:
▪ Helena Amoedo.
▪ Iñaki Baliño.
▪ Andrés Bellas.
César Cambeiro.
▪ Lucía Cid.
▪ Gonzalo Faílde.
▪ Tacho González.
Luís Iglesia.
Patricia de Lorenzo.
Antonio Mourelos.
▪ Antón Olmos.
▪ Manuel Pombal.
▪ Carlos Reboreda.
▪ Norberto Vilanova.

Shin Chan non só protagoniza as súas historias no papel e na televisión. En 2003 estreouse nos cines de Galicia a primeira película (Shin Chan: Na procura das bólas perdidas), estreada tempo atrás no Xapón. Outras non pasaron polo cine, mais si foron editadas en DVD.

Estas son as que, polo de agora, foron dobradas ó galego:

# Título en galego Data da estrea (DVD)
1 Shin Chan: Na procura das bólas perdidas 5 de novembro do 2003
2 Shin Chan: A invasión 24 de marzo do 2004
3 Shin Chan: Operación rescate 3 de novembro do 2004
4 Shin Chan: Na illa do tesouro 4 de maio do 2005
5 Shin Chan: O pequeno samurai 16 de novembro do 2005
6 Shin Chan: Aventuras en Henderland 10 de maio do 2006
7 Shin Chan: O imperio dos carrozas 20 de xuño do 2007
8 Shin Chan: A ambición do Kakafede 10 de outubro do 2007
9 Shin Chan: E a costelada imposible 23 de abril do 2008
10 Shin Chan: Chamábanlle Shin Chan 22 de outubro do 2008
11 Shin Chan: A guerra dos balnearios 29 de abril do 2009
12 Shin Chan: tres minutos para salvar o mundo 21 de outubro do 2009
13 Shin Chan: A ritmo de samba 24 de decembro do 2019 (TV)
14 Shin Chan: Perdidos na xungla 25 de decembro do 2019 (TV)
15 Shin Chan: A bomba das cachas ritmombantes 6 de xaneiro do 2021 (TV)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]