Yoshito Usui
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de abril de 1958 Shizuoka |
| Morte | 11 de setembro de 2009 Shimonita |
| Causa da morte | morte accidental, caída de altura |
| Residencia | Kasukabe |
| Educación | Kasukabe Technical High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | mangaka, guionista, letrista, artista de banda deseñada |
| Período de actividade | 1987 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
Yoshito Usui (臼井儀人 Usui Yoshito?), nado en Shizuoka o 21 de abril de 1958 e finado o 11 de setembro de 2009, foi un debuxante de manga xaponés, coñecido fundamentalmente por crear o manga e anime Shin-chan.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1977 graduouse na Escola Saitama. Simultaneamente comezou a traballar nun supermercado durante o día e asistía ás clases da escola de deseño pola noite. No 1979 entrou a traballar nunha empresa de publicidade e no 1985 iniciou a súa incursión máis profunda no mundo da banda deseñada ó gañar o premio “New-Comer” da revista Manga Action. Comezou o seu primeiro cómic de series Stories of Darakuya Store, no 1990 continuou cos cómics Office Lady Gumi e, en setembro dese mesmo ano, con Crayon Shin-chan.
Shin-chan converteuse nunha serie animada para televisión en 1992, estreada na canle Asahi. A primeira película de cine estreouse un ano máis tarde e a partir desa data cada ano realízase unha nova. En decembro de 2002 recibiu o gran premio de animación The Media Arts Festival de Tokyo.
O 11 de setembro de 2009 desaparece logo de ter ido a facer sendeirismo nunha zona montañosa na prefectura de Nagano. O 19 de setembro de 2009 atópase un cadáver, que se atribúe ó do debuxante; xa que se atopou o corpo coas mesmas roupas que levaba o 11 de setembro e na mesma zona na que dixo que ía facer sendeirismo.