Setsuko Hara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSetsuko Hara

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 原節子 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1920 Editar o valor em Wikidata
Iocoama, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte5 de setembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Prefectura de Kanagawa, Xapón Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1935 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsYoshio Aida (en) Traducir e Sumiko Aida (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0361697 Allocine: 75 Rottentomatoes: celebrity/setsuko_hara Allmovie: p30276
WikiTree: 会田-1 Find a Grave: 155526417 Editar o valor em Wikidata

Setsuko Hara (原 節子 Hara Setsuko?), nada en Yokohama o 17 de xuño de 1920 e finada en Kanagawa o 5 de setembro de 2015, foi unha actriz xaponesa. En Occidente, é coñecida especialmente polas súas interpretacións en filmes de Yasujirō Ozu como Primavera tardía (1949) e Contos de Toquio (1953),[1] aínda que xa participara en 67 filmes antes de traballar co director.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Setsuko Hara naceu como Masae Aida (会田 昌江 Aida Masae?) na actual Hodogaya-ku, Yokohama nunha familia con tres fillos e cinco fillas. A súa irmá máis vella casou co director de cinema Hisatora Kumagai, que a introduciu no mundo do cinema, animándoa a que deixase a escola, o que fixo[3] e comezou a traballar para os estudios Nikkatsu en Tamagawa, nas aforas de Toquio, en 1935. Debutou aos quince anos co nome artístico escollido polo estudio[3] en Tamerafu Nakare Wakōdo Yo[4]

Comezou a destacara como actriz na coprodución xermano-xaponesa de 1937 Die Tochter des Samurai, coñecida no Xapón como Atarashiki Tsuchi ("A nova terra"), dirixida por Arnold Fanck e Mansaku Itami.[5] No filme, Hara interpreta unha muller que intenta sen éxito inmolarse nun volcán. Continuou a interpretar heroínas tráxicas en moitos dos seus filmes ata o final da segunda guerra mundial,[6] como en Kēkkon no seitaī (1942) e Aoi sanmyaku (1949), dirixidos por Tadashi Imai, e Kēssen no ōzora he, dirixido por Kunio Watanabe.[3]

Posguerra[editar | editar a fonte]

Hara protagonizou o primeiro filme de posguerra de Akira Kurosawa, Waga seishun ni kuinashi (1946).[3] Tamén traballou co director Kimisaburo Yoshimura en Anjō-ke no butōkai (1947) e con Keisuke Kinoshita en Ojôsan kanpai (1949). En todos estes filmes, interpretou a "nova" muller xaponesa, arelando un futuro brillante. Porén, en moitos dos seus filmes, especialmente os dirixidos por Yasujirō Ozu e Mikio Naruse representou a típica muller xaponesa, actuando de filla, esposa ou nai.[1]

O primeiro dos seus seis filmes con Yasujirō Ozu foi Primavera tardía (1949), e a colaboración entre eles durou os seguintes vinte anos. En Primavera tardía interpretou a Noriko, unha filla devota que prefire quedar na casa coidando do seu pai en lugar de casar, a pesar dos rogos dos seus familiares. En Bakushū (1951), interpretou unha personaxe non relacionada tamén chamada Noriko, que quería casar e atopa o valor para facelo sen a aprobación da súa familia. A este seguinos Contos de Toquio (1953), quizais o filme máis célebre de Ozu, en que interpreta a unha viúva, tamén chamada Noriko, cuxo marido foi asasinado na guerra. A súa devoción polo home morte preocupa á súa familia política, que insiste en que debería mudarse ou volver casar.[5][7]

O último gran personaxe de Hara foi Riku, a esposa de Ōishi Yoshio, no filme Chushingura (1962).

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Hara, que nunca casou, foi alcumada "a virxe eterna" no Xapón[1] e é un símbolo da era dourada do cinema do Xapón da década de 1950[Cómpre referencia]. Abandonou a interpretación en 1963 (ano da morte de Ozu), e pasou unha vida recluída en Kamakura, onde se rodaron moitos dos filmes en que a dirixiu Ozu, rexeitando todas as entrevistas e fotografías.[1][8] Durante anos, a xente especulou sobre as razóns para que abandonase a vida pública. Hara confesou durante a súa última conferencia de prensa que realmente nunca gozou da interpretación e empregábao como medio para axudar a súa familia; non obstante, moita xente continuou a pensar na posibilidade de que tivese unha relación romántica con Ozu, ou a deteroración da súa vista.[1]

Tras ver a Hara nun filme, o novelista Shūsaku Endō escribiu: "Suspiraríamos ou deixaríamos saír unha grande exhalación do máis fondo do noso corazón, pero que o que nós sentimos foi precisamente isto: Pode ser posible que haxe unha muller así no mundo?"[9]

Tras máis de cincuenta anos de reclusión, Hara faleceu de pneumonía no hospital da prefectura de Kanagawa o 5 de setembro de 2105, aos 95 anos. A súa morte non foi recollida nos medios de comunicación ata o 25 de novembro dese ano debido a que a súa familia non achegou a información antes, seguramente por privacidade.[3][10][11] O filme anime Sennen Joyū (2001), dirixido por Satoshi Kon, está baseado en parte na súa vida, aínda que foi producido e estreado máis dunha década antes da súa morte.[1]

Filmografía seleccionada[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Abrams, Simon (1 de abril de 2011). "Setsuko Hara: The diva who left Japan wanting a lot more". Capital New York. Arquivado dende o orixinal o 31/12/2012. Consultado o 11 de xullo de 2012. 
  2. ja:原節子
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Grimes, William (27 de novembro de 2015). "Setsuko Hara, Japanese Star of Films by Ozu and Kurosawa, Is Dead at 95". The New York Times. 
  4. "ためらふ勿れ若人よ" (en xaponés). Japanese Movie Database. 
  5. 5,0 5,1 "HARA, Setsuko". Film Reference. Consultado o 11 de xullo de 2012. 
  6. Richie, Donald (1 de abril de 2011). "Ozu and Setsuko Hara". The Criterion Collection. 
  7. Erickson, Hal. "Setsuko Hara". Allmovie. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  8. Bradshaw, Peter (16 de xuño de 2009). "The heart-wrenching performance of Setsuko Hara, Ozu's quiet muse". Consultado o 11 de xuño de 2012. 
  9. Harris, David. "Rediscover: Late Spring". Spectrum Culture. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2012. 
  10. "Acting legend Setsuko Hara of Ozu film "Tokyo Story" dies at 95". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015. 
  11. 原節子さん死去、日本映画黄金期を代表する女優 日刊スポーツ 2015年11月25日

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Karlsson, Mats. 'Setsuko Hara: Japan's Eternal Virgin and Reluctant Star of the Silver Screen.' In Stars in World Cinema: Screen Icons and Star Systems Across Cultures, ed. Andrea Bandhauer and Michelle Royer, pp. 51–63. I.B. Tauris. (2015) ISBN 1780769776
  • Weston, Mark. Giants of Japan: The Lives of Japan's Greatest Men and Women. Kodansha International. (2002) ISBN 1568363249
  • Yoshimoto, Mitsuhiro. Kurosawa: Film Studies and Japanese Cinema. Duke University Press. (2000) ISBN 0822325195

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]