Sergio Daniel Martínez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 15 de febreiro de 1969 Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 66 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1986 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1990 | Mundial de Fútbol Italia 1990 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sitio web | mantecamartinez.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sergio Daniel "Manteca" Martínez Alzuri, nado en Montevideo o 15 de febreiro de 1969, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba de dianteiro e especialmente relevante foi a súa estadía no Boca Juniors, onde foi ídolo e marcou 87 goles. Foi internacional coa selección uruguaia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou no Defensor Sporting do Uruguai o 16 de outubro de 1986 contra o Central Español (1–1). Neste club foi onde tamén onde se formou nas categorías inferiores e actuou como profesional durante catro anos (1986-1990). A continuación pasou ao CA Peñarol, tamén do Uruguai, onde marcou 20 tantos, até que chegou a Boca Juniors (Arxentina) en 1992, onde anotou 87 goles (sétimo goleador na historia do club) e se consagrou campión nun campionato local e unha Copa Suramericana. Continuou a súa carreira en España xogando para o Deportivo da Coruña desde 1998. Até que pasou ao Nacional de Montevideo no 2000, onde xogou até o seu retiro profesional en 2001, gañando os títulos de Primeira División en ambas tempadas.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Martínez xogou 35 partidos coa Selección uruguaia e marcou 5 goles.[1] Foi campión da Copa América en 1995 en cuxa final marcou o gol decisivo na definición por penaltis fronte ó Brasil. Tamén participou na Copa do Mundo de Italia 90.