Sergi García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sergi García
Río Breogán  – No. 10
Información persoal
Nacemento 17 de febreiro de 1997 (25 anos)
España Palma, España
Altura 1,93 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 82 kg (203 lb)
Posición Base
Liga ACB / Champions League
Información da carreira
Internacional 4 veces
Carreira 2013−presente
Historial de equipos
Basket Zaragoza (2013–2017)
CB El Olivar (2013–2016)
Valencia Basket Club (2017–2019)
BAXI Manresa (2019)
SC Rasta Vechta (2019)
Kirolbet Baskonia (2019–2020)
MoraBanc Andorra (2020–2022)
Gran Canaria (2022)
Río Breogán (2022− )

Sergi García Calvo, nado o 26 de maio de 1992 en Palma, é un xogador español de baloncesto internacional profesional. Formado nas categorías inferiores do Sant Josep Obrer, do CTE Illes Balears e do Basket Zaragoza, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,93 m, xoga na posición de base.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Palma, García formouse nas categorías inferiores do Club Sant Josep Obrer de Palma e, posteriormente, no Centre de Tecnificació Esportiva Illes Balears. No ano 2013 asinaría co Basket Zaragoza, onde compaxinou o primeiro equipo co filial. O seu debut no baloncesto profesional produciuse o 3 de novembro de 2013 no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza durante o partido correspondente á cuarta xornada da temporada 2013−14 da Liga ACB contra o La Bruixa d'Or Manresa, pasando a ser con nese momento, con 16 anos, 8 meses e 14 días, o xogador máis novo en debutar co equipo aragonés.

A súa seguinte campaña no conxunto zaragozano sería moi semellante á anterior. Alén da ACB, García debuta ese ano na Copa do Rei e na Eurocup. Nas seguintes temporadas foi mellorando o seu rendemento aos poucos. En 2017 antes de decembro fixo unha media de 9,6 puntos, 3,2 rebotes e 2,8 asistencias en 20 minutos na ACB, números que lle serviron para estar entre os tres primeiros xogadores españois en valoración da competición. Este rendemento chama a atención do Valencia Basket Club, equipo co que asina en decembro. Após dúas temporadas en Valencia, é cedido ao BAXI Manresa para xogar as últimas xornadas da ACB. En xullo é cedido ao SC Rasta Vechta alemán. Ás ordes de Pedro Cales disputou 9 partidos de liga con 8,3 puntos e 3,4 asistencias por partido en 19 minutos, con 11,5 puntos e 5,5 asistencias nos dous partidos que disputou da Basketball Champions League co cadro alemán. Así, foi chamado polo Kirolbet Baskonia para substituír as súas baixas na posición de base. En xullo de 2020, asina polo MoraBanc Andorra após desvincularse do Kirolbet Baskonia. En decembro de 2021 asina pola polo Gran Canaria. O 10 de xuño de 2022 asina polo Río Breogán.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira, García ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Sergi García incorpórase ao Río Breogán". CB Breogán. 10 de xuño de 2022. Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Sergi García, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]