Saltar ao contido

Selección de rugby de Fidxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fidxi
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)Flying Fijians
EmblemaPalmeira
UniónFiji Rugby Union
AdestradorJohn McKee
CapitánDominiko Waqaniburotu
Mais capsNicky Little (71)
Máis ensaiosVereniki Goneva (22)
EstadioANZ National Stadium
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual11 (2 de decembro de 2019)
Máximo8 (2018)
Mínimo16 (2012)
Estrea internacional
Samoa Occidental Samoa 0−6 Fidxi Fidxi
Apia, Samoa Occidental; 18 de agosto de 1924
Maior vitoria
Fidxi Fidxi 120−4 Niue Niue
Apia, Samoa Occidental; 10 de xuño de 2000
Maior derrota
Nova Zelandia 91−0 Fidxi Fidxi
Auckland, Nova Zelandia; 10 de xuño de 2005
Copa do Mundo
Participacións7 (primeira en 1987)
Mellor resultadoCuartos de final (1987, 2007)

A Selección de rugby de Fidxi representa ao país nas competicións oficiais de rugby. Ao igual que outros equipos, a selección de Fidxi realiza antes dos seus partidos unha danza guerreira chamada cibi dende o ano 1939. Fidxi forma parte da Pacific Islands Rugby Alliance (PIRA), que agrupa ademais ás federacións de Samoa e Tonga.

Aumentou o seu potencial de rugby grazas aos grandes resultados obtidos na última Copa do Mundo, eliminando a un dos combinados locais, Gales e despois facendo unha boa labor na súa derrota fronte ao posterior campión Suráfrica. A Fiji Rugby Union demanda dende hai tempo que o equipo nacional de Fidxi se incorpore a un torneo coas potencias do hemisferio Sur.

Aínda que ten un grande xogo no formato de 15 xogadores, onde transcende internacionalmente, destaca principalmente no formato Seven (7 xogadores), no cal logrou estar nas últimas edicións do Seven Internacional entre os primeiros postos e incluso, gañando a un dos mellores equipos do mundo, Nova Zelandia. Isto débese á grande velocidade dos seus xogadores para este formato do rugby, algo típico dos países das illas de Oceanía.

Copa do Mundo de Rugby

[editar | editar a fonte]

Participacións de Fidxi na Copa do Mundo.

Edición Organizador Posto
1987 Nova Zelandia e Australia Australia Cuartos de final
1991 Inglaterra Inglaterra[1] Fase de grupos
1995 Suráfrica Fase de grupos
1999 Gales Gales[2] Cuartos de final
2003 Australia Australia Fase de grupos
2007 Francia Francia[3] Cuartos de final
2011 Nova Zelandia Fase de grupos
2015 Inglaterra Inglaterra[4] Fase de grupos
2019 Xapón Xapón Fase de grupos
  1. coa asistencia de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
  2. coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
  3. coa asistencia de País de Gales e Escocia
  4. coa asistencia do Gales

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]