Selección de fútbol da Samoa Americana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samoa Americana
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Federación de Fútbol da Samoa Americana
Confederación OFC (Oceanía)
Código FIFA ASA
Alcume {{{Alcume}}}
Clasificación FIFA 188 (15 de febreiro de 2024)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Ruben Luvu[1]
Máis encontros Nicky Salapu (22)
Máximo goleador Samuel Hayward[2]
Ramin Ott (3)
Estrea internacional
Samoa Samoa 3 − 1 Samoa Americana Samoa Americana
Apia, Samoa Occidental; 20 de agosto de 1983
Recoñecida pola FIFA
Tonga Tonga 3 - 0 Samoa Americana Samoa Americana
Avarua, Illas Cook; 2 de setembro de 1998
Maior vitoria
Wallis e Futuna Francia 0 - 3 Samoa Americana Samoa Americana
Apia, Samoa Occidental; 22 de agosto de 1983
Recoñecida pola FIFA
Samoa Americana Samoa Americana 2–0 Illas Cook
Nuku'alofa, Tonga; 4 de setembro de 2015
Maior derrota
AUS Australia 31 - 0 Samoa Americana Samoa Americana
(Coffs Harbour, Australia; 11 de abril de 2001)
(Récord mundial nun partido internacional sénior)

A selección de fútbol da Samoa Americana (en samoano: Au soka Amerika Sāmoa) é o equipo que representa á Samoa Americana nas competicións internacionais oficiais de fútbol.[3] A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol da Samoa Americana, pertencente á Confederación de Fútbol de Oceanía e á FIFA. O estadio da Samoa Americana atópase en Pago Pago e o seu adestrador é Tunoa Lui.[4]

Disputou o seu primeiro partido nos Xogos do Pacífico Sur de 1983, perdendo ante Samoa, daquela baixo o nome de Samoa Occidental, por 3:1. Nese torneo logrou tamén a súa primeira vitoria ao vencer a Wallis e Futuna por 3:0. A partir de entón perdeu cada un dos seus encontros, o que a levou a ser recoñecida como a peor selección do mundo. En 2001, cun cadro de xogadores miguado polas dificultades de traslado da maioría dos titulares, Samoa Americana perdeu 31:0 contra Australia nun partido válido para a clasificación á Copa Mundial de 2002, o que representa a maior goleada na historia do fútbol internacional.

Finalmente, tivo o seu reencontro coa vitoria, e o seu primeiro partido gañado como membro da FIFA, en 2011, cando nas eliminatorias para a Copa das Nacións da OFC de 2012 derrotou a Tonga 2:1. Catro anos despois, volveu gañar aos tonganos e ás Illas Cook, mais non puido clasificar ao certame continental por ser superado en diferenza de goles por Samoa, máis especificamente por un gol sendo até agora a maior proeza do fútbol samoamericano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andrew Fa’asau, Asi. "FFAS local national teams in final preparations for Pacific Games". Samoa News. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  2. Cloake, Martin; Dakin, Glenn; Hillsdon, Mark; Powley, Adam; Radnedge, Aidan; Saunders, Catherine (2010). Soccer: The Ultimate Guide (2nd ed.). Nova York. p. 109. ISBN 9780756673215. Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  3. "Asociación Miembro: Samoa Estadounidense". FIFA. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2015. Consultado o 15 de abril de 2010. 
  4. "American Samoa men's National Team ready to play". Football Federation American Samoa. 4 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 2019. Consultado o 5 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]