Sealand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°53′42.6″N 1°28′49.8″L / 51.895167, -1.480500

Plataforma mariña coa Roughs Tower, en 2007.

Sealand ou ben Principado de Sealand é unha micronación autodeclarada como estado pero non recoñecido como entidade pola comunidade internacional.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Proclama como o seu territorio a Roughs Tower, unha explataforma mariña usada como forte naval, construída pola Royal Navy en 1942 e localizada no mar do Norte, a dez quilómetros da costa de Suffolk, no Reino Unido, así como augas territoriais nun radio de doce millas náuticas. Sealand está ocupada pola familia e asociados de Paddy Roy Bates, quen se outorgou o título de Alteza Real Príncipe Rei de Sealand. A área habitábel da torre é de 550 m².

A pesar da falta de recoñecemento da súa soberanía e lexitimidade, Sealand é unha das micronacións máis coñecidas do mundo e a miúdo é citada como un caso de estudo da maneira na que os principios de dereito internacional se poden aplicar a un territorio en disputa.

En 2007, Sealand púxosse á venda por parte da inmobiliaria española Inmonaranja, por 750 millóns de dólares, debido á avanzada idade e ao estado de saúde do seu propietario e rei, Paddy Roy Bates.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sealand Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Se vende Sealand, el país virtual nacido en una antigua plataforma sobre el mar". El Mundo, 9 de xaneiro de 2007. [En castelán]