Scott Carpenter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Scott Carpenter
MalcolmScottCarpenter.jpg
Datos persoais
Nacemento 1 de maio de 1925
Lugar Boulder
Falecemento 10 de outubro de 2013
Nacionalidade Estadounidense
Actividade
Misións Mercury-Atlas 7
Tempo no espazo 0,21 días
Premios Distinguished Flying Cross (Estados Unidos), Lexionario da Lexión do Mérito, Legião do Mérito, Quadro de Honra da Aviação Nacional e United States Astronaut Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Malcolm Scott Carpenter foi un astronauta estadounidense que pilotou unha cápsula Mercury durante a misión Mercury-Atlas 7. Pasou un total de 4 horas e 56 minutos no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpenter naceu o 1 de maio de 1925 en Boulder, Colorado, e faleceu o 10 de outubro de 2013 aos 88 anos. Era graduado en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Colorado en 1949, o mesmo ano no que entrou na Armada dos Estados Unidos. Participou na Guerra de Corea como piloto no Escuadrón Seis. Posteriormente estudou na Escola Naval de Pilotos de Proba de Patuxent River, Maryland, en 1954, e fixo voos de proba de diversas aeronaves.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA como un dos sete astronautas Mercury orixinais o 9 de abril de 1959. Tras un adestramento intensivo foi, en primeiro lugar, o astronauta sustituto de John Glenn para a misión Mercury-Atlas 6, e logo foi o elixido para a seguinte misión, o segundo voo orbital dun astronauta americano. A engalaxe tivo lugar o 24 de maio de 1962, e tras pilotar a súa cápsula Aurora 7 durante tres voltas á Terra, amerizou no océano Atlántico. O voo durou un total de 4 horas e 46 minutos.[1][2]

Carpenter non volvería ao espazo, pero participou no programa SEALAB II da Armada e foi nomeado pola NASA Asistente Executivo do Director do Centro de Voos Espaciais Tripulados. Tamén tivo parte no adestramento dos astronautas do proxecto Apollo. En 1967 foi asignado como Director de Operacións de Acuanautas durante o experimento SEALAB III. Retirouse da Armada en 1969, fundando Sear Sciences, Inc., unha firma para o desenvolvemento de programas dirixidos a un mellor uso dos recursos mariños e a mellorar a saúde do planeta, chegando a traballar intimamente con Jacques-Yves Cousteau e os membros do Calypso. Axudou no deseño de equipamento para mergullo e natación. Escribíu dúas novelas, ambas ambientadas en contornas mariñas. Faleceu o 10 de outubro de 2013.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 NASA, ed. (2018). "SCOTT CARPENTER NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Mark Wade (2018). "Carpenter, Malcolm Scott" (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]