Max Scheler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Scheler»)
Infotaula de personaMax Scheler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1874 Editar o valor em Wikidata
Múnic Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1928 (53 anos)
Frankfurt Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCologne Southern Cemetery (en) Traducir, 18 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic
Universidade de Jena
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFenomenoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Colonia
Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , sociólogo , profesor universitario , antropólogo , axiologia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic
Universidade de Jena
Universidade de Gotinga
Universidade de Colonia Editar o valor em Wikidata
AlumnosCarlos Astrada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoHermann Rudolf Bäcker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMärit Scheler
FillosMax Scheler (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Max Scheler, nado en Múnic o 22 de agosto de 1874 e finado en Frankfurt am Main o 19 de maio de 1928, foi un filósofo alemán que concibiu a ética material dos valores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun luterano e unha xudía ortodoxa, estudou en Múnic e en Berlín e ensinou en Jena, Múnic e Colonia. Recibiu unha grande influencia da fenomenoloxía de Edmund Husserl e do vitalismo de Henri Bergson. Pronunciouse precozmente contra a ameaza do nazismo.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Max Scheler persegue unha formulación ética a priori, ao igual que Kant, pero non formal e abstracta, senón material e chea de contido. Este contido son os valores que, por universais e necesarios, constitúen unha ética a priori.

Os valores non son realidades que poidamos atopar no mundo, propiamente os valores non son valen. Os valores son inespaciais e intemporais, gozan dunha grao de idealidade que os fai sobardar o espazo e o tempo. Partindo disto Max Scheler sostén que os valores están vencellados a situacións que provocan no interior do home unha reacción que vai alén da emoción e do sentimento. Porén, os valores son inalterables, o que pode mudar é a percepción que en cada época se teña deles. O home, en principio ten unha capacidade natural para acceder aos valores, aínda que esta precisa ser cultivada. Fronte ao valor cómpre tomar postura, non se pode ficar indiferente. A persoa será máis valiosa segundo os valores que realice.

Os valores poden ser positivos ou negativos; a opción ética consistirá en asumir os positivos e rexeitar os negativos. Para Max Scheler, a escolla derivará non tanto da racionalidade como dunha intuición emocional. Os valores non se razoan, cáptanse, deben ser realizados por eles mesmos e son autónomos.

Scheler establece a seguinte xerarquización: valores útiles, valores vitais, valores espirituais (de xustiza, filosóficos, de coñecemento...) e valores relixiosos. Non figuran os valores morais, porque a moral consiste precisamente na realización dos valores.

Na súa obra sobre O lugar do home no cosmos, comeza por constatar o que de común ten este coas plantas (o pulo afectivo) e os animais (instinto, memoria asociativa e intelixencia práctica). O que o diferencia é o que chama espírito que é o que o habilita para obxectivar as demais realidades, o dota de autoconciencia e lle outorga a liberdade e a apertura cara ao Absoluto. Isto non significa unha defensa do dualismo, pois existe unha soa actividade humana psico-orgánica.