Sauber C31

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sauber C31
Kamui Kobayashi 2012 Malaysia FP2.jpg
Sauber
Información
País Suíza Suíza
Fabricante Sauber Motorsport[1]
Deseñador James Key (Director técnico)[2]
Produción
Predecesor Sauber C30
Sucesor Sauber C32
Longo 5.195 mm
Largo 1.800 mm
Alto 1.000 mm
Peso 640 Kg. mínimo (con auga, lubricante e piloto)
Chasis
Suspensión
Motor Ferrari Tipo 056, V8 (90º) atmosférico central 2398 cm³, limitado a 18000 RPM con KERS
Potencia
Transmisión
Tracción Posterior
Freos
Prestacións
Pneumáticos Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)[3]
Lamias OZ (dianteiras e traseiras): 13"
Debut Gran Premio de Australia de 2012
Pilotos 14. Flag of Japan.svg Kamui Kobayashi[4]
15. Flag of Mexico.svg Sergio Pérez[4]
Carreiras 20
Gañadas 0
Poles 0
Voltas rápidas 2
Camp. Cons. 0
Camp. Pilt. 0
* Páxina oficial de Sauber

O Sauber C31[5] é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado por Sauber para participar na tempada de Fórmula Un de 2012. O coche será pilotado por Kamui Kobayashi e Sergio Pérez. O director técnico James Key anunciou que deixaba o equipo tan só catro días antes da presentación do C-31 en Xerez da Fronteira.[2][6]

A diferenza dos coches anteriores tales como o Sauber C29 e, en menor medida, o C30, o C31 loce moitos más patrocinadores no automóbil, tales como Telmex, Telcel , Claro, Chelsea FC, Tequila Cuervo, Visitar México, Oerlikon, Nec e Certina. Moitos dos cales son empresas Mexicanas traídas polo piloto titular Sergio Pérez e piloto de reserva Esteban Gutiérrez.

Resumo da tempada[editar | editar a fonte]

.

O C31 logrou o seu primeiro podio, con Pérez ao volante, no Gran Premio de Malaisia de 2012.[7]

No Gran Premio de España de 2012, apareceu no coche o logo do Chelsea FC.[8][9]

O 10 de xuño, Pérez logrou o seu segundo podio da tempada no Gran Premio de Canadá de 2012. Co terceiro posto, mentres que Kobayashi logrou un noveno posto para axudar a Sauber a ascender á sexta posición no Campionato de Construtores.[10]

No Gran Premio de Alemaña de 2012 o C31 logrou a súa mellor cantidade de puntos da tempada, con Kobayashi na quinta posición antes de que unha penalización a Vettel o aupara ao cuarto posto, Pérez quedou sexto, dándolle ao equipo 20 puntos nunha carreira. Esta foi a súa mellor puntuacíon desde o seu regreso á Fórmula Un como un equipo privado.[11][12]

No Gran Premio de Bélxica Kobayashi saíu segundo e Pérez cuarto (as mellores posicións na grella de saída da historia de Sauber). Ao comezo da carreira, Romain Grosjean provocou un espectacular accidente deixandose fora da carreira a si mesmo, a Pérez, ao líder do campionato, Fernando Alonso e a Lewis Hamilton. O Sauber de Kobayashi tamén resultou danado e terminou a carreira en 13ª posición.

O Gran Premio de Italia resultou ser un gran fin de semana para o equipo Sauber F1 e anotou 20 puntos. Pérez obtivo o segundo lugar (o seu terceiro podio da tempada), e Kobayashi o noveno. Pérez fixo unha gran carreira, adiantando a pilotos como Schumacher, Räikkönen, Rosberg, Massa e Alonso. O equipo Sauber fixo unha gran estratexia co coche de Pérez, comezando cos pneumáticos duros e cambiando a pneumáticos de composto medio na volta 30 de 53 (a estratexia oposta aos que comezaron na parte dianteira da grella). Kobayashi saiu no 8º lugar e terminou en noveno, anotando dous puntos.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos,
2012 Sauber F1 Team Ferrari Type 056 P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 126
Kamui Kobayashi 6 Ret 10 13 5 Ret 9 Ret 11 4 18 13 9 13 3 Ret 14 6 14 9
Sergio Pérez 8 2 11 11 Ret 11 3 9 Ret 6 14 Ret 2 10 Ret 11 Ret 15 11 Ret

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.f1technical.net/f1db/cars/990/sauber-c31
  2. 2,0 2,1 Noble, Jonathan (3 February 2012). "Technical director James Key to part company with Sauber". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 4 February 2012. 
  3. Noble, Jonathan (25 January 2012). "Pirelli tweaks tyre markings for 2012 F1 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 29 January 2012. 
  4. 4,0 4,1 "Kobayashi and Perez to stay at Sauber in 2012". Formula1.com (Formula One World Championship). 28 July 2011. Consultado o 28 July 2011. 
  5. "Sauber". Formula1.com. 14 December 2011. Consultado o 14 December 2011. 
  6. Collantine, Keith (3 February 2012). "Sauber technical director James Key leaves the team". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 4 February 2012. 
  7. "Formula 1™ - The Official F1™ Website". Formula1.com. 2012-03-25. Consultado o 2012-08-13. 
  8. http://www.f1aldia.com/15067/chelsea-fc-convierte-nuevo-patrocinador-sauber/
  9. Chelsea. "Chelsea join forces with Sauber F1 to increase global reach of the London club". Telegraph. Consultado o 2012-08-13. 
  10. "Canadian GP: Race". Sauber F1 Team (Sauber F1). 11 June 2012. Consultado o 11 June 2012. 
  11. "Formula 1™ - The Official F1™ Website". Formula1.com. 2012-07-22. Consultado o 2012-08-13. 
  12. "Formula 1™ - The Official F1™ Website". Formula1.com. 2012-07-22. Consultado o 2012-08-13. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]