Saturnino Álvarez Bugallal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1834 Areas, España |
Morte | 30 de maio de 1885 (51 anos) Lisboa, Portugal |
Ministro | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Circunscrición electoral: Q42899708 | |
Senador do Reino | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, xornalista, avogado |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Benigno Álvarez Bugallal |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Álvarez Bugallal (Saturnino), p.12-13) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Saturnino Álvarez Bugallal, nado en Areas (Ponteareas) o 11 de febreiro de 1834 e finado en Lisboa o 30 de maio de 1885, foi un avogado, xornalista e político galego, foi ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Álvarez Covelo e María Bugallal Muñoz. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematou a carreira en Madrid. Como xornalista colaborou en El Diario Español e La Época. Foi deputado no Congreso polas circunscricións de Bande (1858), Tui (1863), Xinzo de Limia (1865), Vigo (1869), Ponteareas (1871), Bande (1872), Ponteareas (1872), Ourense (1876), Bande (1876), Ourense (1879), Ponteareas (1879), Celanova (1879), Bande (1881) e Ponteareas (1884). Foi tamén senador por Ourense en 1884.
En 1860 foi nomeado Fiscal de Imprenta e posteriormente foi nomeado Subdirector do Rexistro da Propiedade. Coa Restauración foi Fiscal do Tribunal Supremo de Xustiza. Ocupou a carteira ministerial de Graza e Xustiza en dúas ocasións: entre o 6 de xaneiro e o 7 de marzo de 1879 e entre o 9 de decembro de 1879 e o 8 de febreiro de 1881 en senllos gobernos presididos por Cánovas.
Como ministro, en pleno proceso codificador europeo do dereito civil, ditou o Real Decreto de 2 de febreiro de 1880 para incorporar representantes das rexións forais á Comisión Xeral de Codificación. Nel incluíu Galiza canda os demais territorios forais tradicionais, aínda cando o dereito galego non era de carácter foral en sentido estrito, senón consuetudinario. É posíbel que a súa amizade co rexionalista Manuel Murguía influíse dalgún xeito nesta consideración. Sexa como for, este feito acabou conducindo á promulgación da Lei de Compilación do Dereito Civil Especial de Galiza en 1963, antecedente do actual Dereito civil galego.[1][2]
Posteriormente foi nomeado ministro plenipotenciario de España en Lisboa, cidade onde faleceu en 1885. A súa viúva, Adelaida García Rodríguez, recibiu á súa morte o título de condesa de Bugallal.
Predecesor: Fernando Calderón Collantes |
Ministro de Graza e Xustiza 1879 |
Sucesor: Pedro Nolasco Aurioles Aguado |
Predecesor: Pedro Nolasco Aurioles Aguado |
Ministro de Graza e Xustiza 1879 - 1881 |
Sucesor: Manuel Alonso Martínez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Montero, Ramón P. (2006). "Sobre el proceso de formalización legislativa de las peculiaridades jurídico-civiles de Galicia. Un repaso histórico hasta la reciente Ley de Derecho Civil de Galicia de 2006" (PDF). Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (en castelán) (10): 1011–1056, en 1015. ISSN 1138-039X.
- ↑ Herrero Oviedo, Margarita (2011). "De un derecho consuetudinario y especial a un derecho civil de Galicia" (PDF). Ius fugit: Revista de Estudios Histórico-Jurídicos de la Corona de Aragón (en castelán) (Zaragoza: Institución «Fernando el Católico») (16, 2009-2010): 105–118, en 108–109. ISSN 1132-8975.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- Candeira Mosquera, Francisco (1990). Caciquismo e poder local na Galicia da restauración (distrito de Ponteareas, 1881-1894). Ponteareas: Galicia - Sur. ISBN 84-404-8088-1.