Sapo común
Sapo común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar en Telč, República Checa | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Bufo bufo' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
![]() Distribución da especie
| |||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||
Lista
|
O sapo común[3][4] (Bufo bufo) é un anuro moi habitual en toda clase de hábitats europeos, sobre todo naqueles con certo grao de contaminación, como balsas de rega, estanques etc. Distribúese por toda Europa agás Irlanda e algunhas illas mediterráneas. É un dos anuros máis coñecidos, dada a súa distribución e requirimentos ecolóxicos laxos.
Un feito curioso que poucos coñecen é a capacidade dos sapos de atraer presas movendo un dos dedos das súas patas traseiras coma se dunha miñoca se tratase.
O sapo na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: O sapo na cultura popular galega.
Crese que o sapo é un animal pezoñento e que a mucosidade da súa pel, o seu cuspe e mesmo os ouriños son tóxicos para quen os toque. Dise que ese mexo pode cegar a quen o recibe ou provocarlle bochas na pel (mal do coxo ou mal do goxo).
Tamén é quen de botar un mal de aire denominado especificamente mal de sapo. O Domingo de Ramos era tradición bendici-las leiras cunha póla de oliveira e auga bendita, para expulsa-los posibles seres maléficos:
- Sapos e ratos,/ bruxas e meigas,/ fóra das miñas veigas.
Pero tamén entran na terapéutica popular, e así pretendíase cura-la reuma refregando cun sapo a articulación dorida. Colgando do pescozo dunha parturiente unha bulsa con dous sapos vivos, evitábanse as hemorraxias tralo parto. Para cura-las anxinas a un rapaz era bo colocarlle na gorxa un sapo aberto.
Os ollos dun sapo formaban parte do remedio para cura-lo tangaraño dos nenos (raquitismo):
- A nai unha bulsa/ colgoulle ó pescozo con escapularios,/ medallas e figos/ a pel dunha cobra e os ollos dun sapo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Agasyan, A.; Avisi, A.; Tuniyev, B.; Isailovic, J. C.; Lymberakis, P.; Andrén, C.; Cogalniceanu, D.; Wilkinson, J.; Ananjeva, N.; Üzüm, N.; Orlov, N.; Podloucky, R.; Tuniyev, S.; Kaya, U. (2009). "Bufo bufo". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2014-10-11.
- ↑ Frost, Darrel R. (31-1-2011). "Bufonidae". Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.5. American Museum of Natural History. Consultado o 24-8-2012.
- ↑ Vocabulario forestal, páx. 191, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
![]() |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |