Saltar ao contido

Santiaguiño do Mediterráneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiaguiño do Mediterráneo
Scyllarides latus
Pierre André Latreille 1803 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
S. latus Editar o valor en Wikidata
 Combinación orixinal
 Sinonimia
Conservación
 Identificador UICN
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
SubfiloCrustacea
ClaseMalacostraca
OrdeDecapoda
InfraordeAchelata
FamiliaScyllaridae
XéneroScyllarides
EspecieS. latus'
Identificadores
Freebase/m/09v7jzk Editar o valor en Wikidata
ITIS97680 Editar o valor en Wikidata
OTT105679 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Santiaguiño mediterráneo na costa de Malta.

O santiaguiño do Mediterráneo[1] (Scyllarides latus) é unha especie de santiaguiño da familia Scyllaridae que habita no mar Mediterráneo e na costa leste do océano Atlántico. É unha especie comestible moi valorada, pero escasea na maior parte da súa área de distribución pola sobrepesca. Os adultos chegan a medir uns 30 cm, están ben camuflados e carecen de pinzas. Teñen hábitos nocturnos, emerxendo de covas e outros refuxios durante a noite para alimentarse de moluscos. Son depredados por numerosas especies de peixes óseos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Scyllarides latus atópase na maior parte das costas do mar Mediterráneo (cunha excepción notable no Adriático setentrional)[2] e en rexións orientais do océano Atlántico, desde Lisboa a Senegal, incluíndo a Macaronesia. No Senegal, cohabita con Scyllarides herklotsii, especie de gran parecido.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Slatus pode crecer até unha lonxitude de 45 cm, aínda que xeralmente non supera os 30 cm, o que supón unha carapa duns 12 cm.[3] Un exemplar pode pesar até 1,5 kg.[2] Como en todas as especies de esciláridos, o segundo par de antenas está engrosado e aplanado en forma de pa.[4] A pesar de estar emparentados coas lagostas, Scyllarides latus, como o resto de especies da súa familia, carece de pinzas, e tampouco presenta defensas espiñentas. A cambio, o seu exoesqueleto, en particular a súa carapa, é máis groso e funciona como armadura.[2] Os adultos camúflanse grazas á súa coloración críptica, ao que contribúe a presenza de protuberancias na súa carapa.[3]

  1. A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 2 de xullo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 E. Spanier; K. L. Lavalli (1998). "Natural history of Scyllarides latus (Crustacea: Decapoda): a review of the contemporary biological knowledge of the Mediterranean slipper lobster". Journal of Natural History 32 (10 & 11): 1769–1786. doi:10.1080/00222939800771281. 
  3. 3,0 3,1 Lipke B. Holthuis (1991). "Scyllarides latus". FAO Species Catalogue, Volume 13. Marine Lobsters of the World (PDF). FAO Fisheries Synopsis No. 125. Food and Agriculture Organization. ISBN 92-5-103027-8. [Ligazón morta]
  4. Reinhard Forster (1985). "Evolutionary trends and ecology of Mesozoic decapod crustaceans" (PDF). Transactions of the Royal Society of Edinburgh 76 (2–3): 299–304. doi:10.1017/s0263593300010518.