Saltar ao contido

Lipke Holthuis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLipke Holthuis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1921 Editar o valor en Wikidata
Probolinggo Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 2008 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Leiden Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor en Wikidata
Director de teseHilbrand Boschma Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarcinoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, botánico, zoólogo, carcinólogo, coleccionista de plantas Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNaturalis Biodiversity Center Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaHolthuis Editar o valor en Wikidata

Lipke Bijdeley Holthuis, nado o 21 de abril de 1921 en Probolinggo, provincia de Jawa Timur (Xava oriental), Xava, Indonesia e finado o 7 de marzo de 2008 en Leiden, Países Baixos,[1] foi un carcinólogo holandés, considerado como un dos máis grandes de entre eles,[2] e "o máis importante carcinólogo do noso tempo".[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na metrópole, obtendo en 1946 o título de doutor en ciencias na universidade de Leiden.

Foi conservador asistente no Rijksmuseum van Natuurlijke Historie, ocupando este posto até a súa xubilación en 1986 coa categoría de conservador senior.

Holthius foi o máis prolífico carcinólogo do século XX, publicando 620 artigos (108 dos cales en Leiden Museum Journals) totalizando 12 795 páxinas, cunha media de 185 páxinas ao ano e de 21 páxinas por artigo. Estas publicacións versan sobre a maioría dos grupos de crustáceos, a súa historia natural e nomenclatura, e sobre a historia da carcinoloxía.[4][5][6]

Este fluxo constante de publicacións deu lugar á descrición de 428 novos taxa:

  • 2 familias,
  • 5 subfamilias,
  • 83 xéneros e
  • 338 especies.

67 taxa foron denominados na súa honra entre 1953 (Hippolyte holthuisi) e 2009 (Caridina holthuisi, Lysmata holthuisi).[7]

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura Holtius emprégase para recoñecer a Lipke Holthuis como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Holtius emprégase para recoñecer a Lipke Holthuis como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  1. ↑ Charles H. J. M. Fransen & Martien J. P. van Oijen (2008). "L. B. Holthuis, 'The institutional Memory' of the Leiden Museum - Obituary"". Contributions to Zoology 77 (3): 201–204. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2013.
  2. ↑ Peter K. L. Ng (2000): "Development and future direction of biodiversity collections in Southeast Asia", Raffles Museum of Biodiversity Research, 16 de xuño de 2000. Arquivado 13 de febreiro de 2007 en Wayback Machine..
  3. ↑ Chien-Hui Yang, I-Shiung Chen & Tin-Yam Chan (2008). "A new slipper lobster of the genus Petrarctus (Crustacea: Decapoda: Scyllaridae) from the West Pacific" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 19: 71–81. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2013.
  4. ↑ Neil Cumberlidge & Sadie K. Reed (1 de xullo de 2003). "Scientists who have contributed to our knowledge of freshwater crab biology". Northern Michigan University. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2005. Consultado o 27 de outubro de 2013.
  5. ↑ Hans G. Hansson (14 de novembro de 1997). "Biographical Etymology of Marine Organisms – H". Tjärnö Marine Biological Laboratory'. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2013.
  6. ↑ Gerlof Leistra (5 de abril de 2008). Keizer van de kreeftachtigen. Elsevier magazine'. p. 101.
  7. ↑ Fransen, C. H. J. M., De Grave, S., Ng, P. K. L. (2010): "In Memoriam Lipke Bijdeley Holthuis". En: Fransen, C. H. J. M., De Grave, S., Ng, P. K. L. Studies on Malacostraca: Lipke Bijdeley Holthuis Memorial Volume. Crustaceana Monographs, 14. Brill, Leiden. 754pp.