Santa María de Tebra, Tomiño
Santa María de Tebra | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Tebra | |
Concello | Tomiño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°02′29″N 8°44′14″O / 42.041472222222, -8.7371388888889Coordenadas: 42°02′29″N 8°44′14″O / 42.041472222222, -8.7371388888889 |
Poboación | 823 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Tebra é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2014 tiña 823 habitantes (401 homes e 422 mulleres) segundo o IGE.[2] Situada ó norte do concello de Tomiño, fai límite cos concellos de Gondomar e Tui. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Situados no monte Tetón atópanse uns petróglifos.
No lugar do Outeiro está situado o Castelo de Tebra.
Festas e romarías[editar | editar a fonte]
As festas parroquiais teñen lugar entre o 6 e o 8 de setembro, na honra de Santa María.
A festa na honra da virxe de Grixó ten lugar o terceiro domingo de agosto, celebrándose unha romaría a carón da capela de Grixó[3]. Conta a lenda que ó lado desta capela apareceu a imaxe da Virxe, polo que esta foi construída. A virxe só está na capela ese día en concreto, e o resto do ano altérnanse entre a parroquia de Cristelos e Santa María de Tebra para gardala na súa respectiva igrexa. A romaría comeza pola mañá cando se oficia unha misa en cada igrexa e de cada parroquia sae unha procesión cara ao monte de Grixó. A xente pasa alí o día e a romaría está amenizada por dous grupos, un para cada parroquia. Ó final do día a xente baixa nunha nova procesión e á Virxe lévana a parroquia a que lle corresponde ese ano.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Santa María de Tebra[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Tebra no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
A Bandeira | O Carballal | Cimadevila | O Folón | A Igrexa | O Outeiro | A Pedreira | A Ponteciña | Samuelle |
Parroquias de Tomiño[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2021. Consultado o 23/8/2015.
- ↑ Capela da Virxe de Grixó na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.