San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao
San Vitoiro de Ribas de Miño | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de San Victorio | |
Concello | O Saviñao[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 122 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vitoiro de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 163 habitantes (81 homes e 82 mulleres), un máis ca no ano anterior.
Historia[editar | editar a fonte]
Os límites da parroquia determináronse en comparecencia veciñal o 13 de marzo de 1753 ante o xuíz Rafael de Queiruga. No correspondente documento aparecen determinados os límites. Unha terceira parte da parroquia, como a entidade de Porto, quedou anegada polo río Miño coa construción do encoro de Belesar.
Socioeconomía[editar | editar a fonte]
Xunto á gandería vacúa e de subsistencia e a agricultura, a produción de viño é unha das principais actividades en San Vitoiro, ó estar localizada na zona amparada para a produción de viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra, concretamente na subzona Ribeiras do Miño.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Nesta parroquia, como noutras da Ribeira Sacra, hai expoñentes da románica galega.
A igrexa parroquial de San Vitoiro é de estilo románico do último cuarto do século XII, semellante ó de Santo Estevo de Ribas de Miño, que consta de nave e ábsida rectangulares, con arco triunfal de medio punto e columnas salomónicas, á que se engadiu a sancristía. Destaca principalmente pola súa fachada principal con tres arquivoltas que descansan sobre columnas de fustes lisos.
O santuario de Guadalupe, situado no monte da Capela, data do século XVIII.
A casa grande de Pacios é unha construción civil do século XVII. A casa de Abadía é unha construción civil dos séculos XV e XVI.
A capela de Porto, de posible orixe románica, sitúase en Porto, na actualidade anegada polo encoro de Belesar. Consérvanse na igrexa parroquial algunhas das súas tallas, esculpidas entre os séculos XVI e XVII.
Festas[editar | editar a fonte]
A primeira fin de semana de setembro celébrase no campo da festa da Abadía a romaría da Virxe de Guadalupe.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de San Vitoiro de Ribas de Miño, O Saviñao.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de San Vitoiro de Ribas de Miño[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño no concello do Saviñao (Lugo) | |
---|---|
A Abadía | Os Amieiros | A Cerca | Os Corgos | A Corredoira | Filgueiro | As Fontelas | Gudiós | A Lama | Liñares | Montegrande | Pacios | A Pereira | A Reboira | O Regato | Susavila | Taíz | O Troncedo | O Val |
Parroquias do Saviñao[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: San Vitorio de Ribas de Miño |