San Martiño de Pazó, Allariz
| San Martiño de Pazó | |
|---|---|
Igrexa de San Martiño de Pazó. | |
| Concello | Allariz[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°10′28″N 7°49′58″O / 42.174467170392, -7.8327133121351 |
| Poboación | 100 hab. (2022) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño de Pazó é unha parroquia situada no oeste do concello de Allariz. Está rodeada polas parroquias allaricenses de Allariz (Santiago), Seoane, San Trocado e Queiroás. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 100 habitantes (57 homes e 43 mulleres). O seu núcleo máis poboado é Amiadoso, con 58 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]En San Martiño de Pazó atopouse unha pilastra decorada, depositada no Museo Arqueolóxico de Ourense. O bloque presenta decoración en tódalas caras, feita en diferentes momentos, desde o século II (período galaicorromano) ata os séculos IX-X, na Idade Media.[3]
Ao comezo da Idade Media existía un convento dedicado a Martiño de Dumio, homónimo da vila, que se refire ao "Pazo das Donas". Unha disputa entre a abadesa de Pazó Guntroda, parente do poderoso magnate Rodrigo Velázquez, con Muniadona e o seu fillo Gonzalo Menendiz levou a unha breve guerra civil galega a mediados do século X, culminándose coa Batalla de Aguioncha. Guntroda foi sucedida pola súa parente Ilduara.
A igrexa de San Martiño de Pazó conserva un arco de ferradura na porta sur.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Portada sur da igrexa de San Martiño de Pazó.
- As dezaseis parroquias que conforman o concello de Allariz.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Martiño de Pazó
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Martiño de Pazó no concello de Allariz (Ourense) | |
|---|---|
|
Amiadoso | Castrelo | A Forma | Penamá | San Martiño |
Parroquias de Allariz
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ Vázquez Varela, José Ramón (1996). 100 obras mestras da Arte Galega. Vigo: Nigra Arte. ISBN 84-87709-50-8.
- ↑ Castillo, Ángel del (1925). "La iglesia mozárabe de San Martiño de Pazó". Boletín da Real Academia Galega (167-168): 273–286.