Batalla de Aguioncha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Aguioncha
Parte de Guerra nobiliaria galaico-portuguesa
Data 966, 967 ou 970,974
Lugar monte Aguioncha, Galiza
Resultado Vitoria da familia de Gonzalo Menendiz
Belixerantes
Condado Portucalense Reino de Galiza
Líderes
Gonzalo Menendiz Rodrigo Velázquez

A Batalla de Aguioncha ou Aguiuncias, foi a culminación das diferenzas entre dúas poderosas familias nobiliarias no Reino de Galiza, foi librada no monte Aguioncha, no río Salas, na provincia de Ourense. O líder do bando vencedor foi o conde portugués Gonzalo Menendiz, o do vencido foi o conde galego Rodrigo Velázquez.

Adóitase acreditar a Rodrigo como un dos líderes do partido que apoiou a Sancho I e ao seu fillo Ramiro III nas guerras pola sucesión que comezaron arredor de 950 e que se prolongaron ata o 980.[1] O principal clan rival estaba dirixido por Gonzalo, e apoiou primeiro a Ordoño III e máis tarde ao seu fillo Vermudo II. A ausencia da corte de Rodrigo durante un total de seis anos durante os reinados de Sancho I e Ramiro III, e a súa recorrencia relativamente frecuente nos diplomas de Ordoño III, non avalan a hipótese de que fose fillo do primeiro, como M. R. García Álvarez cría.[2] A rivalidade entre as dúas familias tiña máis que ver cunha disputa entre a nai de Gonzalo, Muniadona Díaz, abadesa de Guimarães, e unha parente de Rodrigo, Guntroda, abadesa de Pazóo.[3] Guntroda apropiárase do mosteiro de Santa Comba, que pertencía a un monxe de nome Odoino, quen reclamou apoio a Muniadona. Ela enviou aos seus fillos Gonzalo e Ramiro para obrigar a Guntroda a devolvelo volens nolens (queira ou non).

A data da batalla está en disputa. Puido ter lugar no 966 ou 967, durante a rexencia de Elvira Ramírez. De ser así, os dous condes reconciliáronse cara ao 968. Justo Pérez de Urbel argumentou que a ausencia xudicial de Rodrigo e Gonzalo durante a rexencia de Elvira era unha proba de que durante este período eran independentes de facto, pero estiveron en León o 20 de setembro de 968 para a confirmación dunha doazón nobiliaria ao mosteiro de Sobrado.[4] Por outra banda, puido ocorrer entre 970 e 974. Gonzalo pelexou con Ramiro III en 968 despois de que este rexeitase aos viquingos que asolaban entón o Reino de Galiza. A mala relación entre as familias alúdese ata o 1 de outubro de 982 nun documento que conta:

Defuncto autem Santio principe accepit regnum eius germana sua domna Gilvira et perunctus es in regno filius ipsius Sanctionis nomine Ranemirus... Tunc in illis diebus excitaverunt gallecos inter se sedicionem comites duo, unum Rudericum Velasconiz et alterum Gundisalvum Menendiz...[5]
Morto o príncipe Sancho, a súa irmá a dama Elvira recibiu o reino e unxido no reino foi o fillo deste Sancho, de nome Ramiro ... Entón naqueles días dous condes en disensión entre os galegos levantaron exércitos entre eles, un Rodrigo Velázquez e o outro Gonzalo Menéndez...

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martín, José Luis (1965). "Pelayo Rodríguez, obispo de Santiago (977–985)". Anuario de los estudios medievales: 472 n37. 
  2. Refírese a Rodrigo coma hechura de Sancho el Craso y de su hijo Ramiro, citado por Martín, 472 n37.
  3. Guntroda era cuñada do irmán de Rodrigo, Ordoño Velázquez.
  4. Lucky, K. Pick. Dominissima, prudentissima: Elvira, First Queen-Regent of León. 
  5. Citado por Martín, 473 n40.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Manuel Rubén García Álvarez (1967), "La Batalla de Aguioncha: una guerra civil galaico-portuguesa del siglo X," Bracara Augusta, 20, 307–42.