Augas Santas, Allariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°14′25″N 7°47′17″O / 42.2401443, -7.7879618

Augas Santas
Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz.jpg
Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas.
Parroquia de Augas Santas do concello de Allariz.png
ConcelloAllariz[1]
ProvinciaOurense
Poboación155 hab. (2017)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Mariña de Augas Santas é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz. Segundo o INE no 2010 tiña 200 habitantes (93 homes e 107 mulleres).

Situada a 6 quilómetros da vila, limita coas parroquias allaricenses de Folgoso e Os Espiñeiros e cos concellos de Taboadela, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. O seu núcleo máis poboado é Santa Mariña de Augas Santas, con 67 habitantes.

Patrimonio histórico[editar | editar a fonte]

Na parroquia está o castro de Armeá, orixinario do século II a.C., no que apareceron dúas estatuas de guerreiros castrexos e un gravado rupestre antropomorfo[2].

Segundo a tradición aquí foi decapitada no ano 139 a mártir cristiá Mariña de Augas Santas. No mesmo lugar onde foi decapitada erixiuse a igrexa parroquial baixo a súa advocación. A igrexa actual, construción románica de finais do Século XII, posúe tres naves sen cruceiro, con falso triforio no interior, rosetóns na fachada e nas tres ábsidas. É unha ampliación sobre unha máis antiga que se fixo o descubrirse os restos da Santa durante o reinado de Afonso II. O mausoleo da santa sitúase sobre o que se considerou o seu sepulcro. Ten unha lauda lisa sobre a terra, orixinaria do século XVIII. As imaxes son de Santa Mariña no centro e o seu carón Santa Marta e Santa Eulalia. Cabo da igrexa está o pazo de verán do bispo de Ourense.

Na parroquia tamén hai outra capela que quedou a medio construír desde o século XIII, a igrexa da Asunción. Construción heterodoxa vinculada ao Castro de Armeá e ás lendas de Santa Mariña.

Festas[editar | editar a fonte]

O día da ascensión celébrase a procesión dos pendóns e o día de Santa Mariña, 18 de xullo, festéxase a esta santa.

Demografía[editar | editar a fonte]

No período 1999—2010 a poboación de Augas Santas diminuíu 96 persoas (48 homes e 48 mulleres), en porcentaxe iso supón unha caída do 32,43 %.

Augas Santas, evolución da poboación
Ano 1999 2003 2007 2010 +/- %
Pob. 296 253 222 200 - 32.43
Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE)
Distribución da poboación nos lugares de Augas Santas en 2010
Lugar Armeá Ducí Laioso Outeiro de Laxe Pazo
Pob. 6 11 40 27 1
Lugar Sta.M. de Augas Santas O Souto Tosende Turzas A Vila
Pob. 67 19 9 17 3
Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE)

Cultura popular[editar | editar a fonte]

Preto da igrexa parroquial levántase o denominado Carballo de Santa Mariña. Vicente Risco contaba (en 1962) que nunca se decotara porque se supón que botará sangue se se fere co machado. Baixo o carballo hai unha pedra que ten a forma dun orella, e crese que a auga que se acumula nos ocos desta pedra é boa contra a xordeira, lavándose con ela os oídos [3].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Allariz.

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • “Cultura espritual”, en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Augas Santas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Augas Santas no concello de Allariz (Ourense)

Armeá | Ducí | Laioso | Outeiro de Laxe | Pazo | Santa Mariña de Augas Santas | O Souto | Tosende | Turzas | A Vila

Parroquias de Allariz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Allariz

Allariz (Santiago) | Allariz (Santo Estevo) | Augas Santas (Santa Mariña) | Coedo (Santiago) | Os Espiñeiros (San Breixo) | Folgoso (Santiago) | Meire (Santa María) | Queiroás (San Breixo) | Requeixo de Valverde (Santa María) | San Mamede de Urrós (San Mamede) | San Martiño de Pazó (San Martiño) | San Trocado (San Trocado) | San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro) | Santa Baia de Urrós (Santa Baia) | Seoane (San Xoán) | Torneiros (San Miguel)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]