Lanzós (San Martiño), Vilalba
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Galicia | |||
| Provincia | provincia de Lugo | |||
| Concello | Vilalba | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 470 (2022) | |||
| Código INE | 27065140000 | |||
San Martiño de Lanzós é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), situada nun val ao norte da Vilalba. Segundo o IGE[1], en 2022 tiña 470 habitantes (227 homes e 243 mulleres), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 735 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Existen restos arqueolóxicos que datan da Idade de Bronce. Tamén existen restos dun castro con valado de terra no lugar do Adro.
Durante a Idade Media, o señorío de Lanzós formou parte activa na revolta irmandiña.[2] Existe un romance que lembra a participación dos de Lanzós na revolta.[2]
Até hai uns anos explotouse un xacemento de mineral de ferro a ceo aberto no barrio de Ferreira.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No lugar do Pazo consérvase parte da vivenda de Afonso de Lanzós, o xefe irmandiño.
No lugar do Adro atópase a Casa-Escola de Lanzós, edificio de planta rectangular de construción habanera rematado en 1921.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Gráfica de evolución demográfica de San Martiño de Lanzós entre 2000 e 2020 |
![]() |
| Datos segundo o IGE.[1] |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Antiga escola de San Martiño de Lanzós.
- Igrexa de San Martiño de Lanzós.
- Vista lateral da igrexa.
- Cemiterio de Lanzós.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Martiño de Lanzós
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Martiño de Lanzós no concello de Vilalba (Lugo) | |
|---|---|
|
O Adro | Bichicán | Biduído | Braínlle | Bustelo | As Cádevas | Caldas | Candorca | Carreiroa | Casa Lousada | O Cotelo | O Coto | O Curadoiro | Escairo | Os Febreiros | Ferreira | Ferreiroa | A Fontevella | Ladrela | Os Lagos | Lamelas | Meixonfría | Moreda | Muruxás | A Pallota | Paraños | O Pazo | O Pedrouzo | A Pereira | O Polo | Ramil | Redondo | O Rego | A Revolta | O Ribado | O Sisto | Touriño | Vilagondriz | Vilate |
Parroquias de Vilalba
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- 1 2 vilalba.gal (ed.). "San Martiño e San Salvador de Lanzós en vilalba.gal". Consultado o 25 de marzo de 2021.

