San Cibrao, Viana do Bolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Cibrao
Igrexa de San Cibrao.
ConcelloViana do Bolo[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°10′09″N 7°07′28″O / 42.16928895, -7.12437083Coordenadas: 42°10′09″N 7°07′28″O / 42.16928895, -7.12437083
Poboación66 hab. (2017)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cibrao é unha parroquia do concello ourensán de Viana do Bolo. Segundo o IGE en 2009 tiña 77 habitantes (42 homes e 35 mulleres), 20 menos ca en 1999. Está situada aproximadamente a dous quilómetros da capital do concello, a carón da estrada OU-533, á beira do río Camba na altura do encoro do Vao.

Economía[editar | editar a fonte]

A industria principal é a agricultura, aínda que está en bastante decadencia debido a que a xente nova emigrou, e os vellos xa non poden continuar coa actividade. En tempos tiña hortas e praderías moi fértiles, moitas delas asolagadas coas obras do encoro do Bao.

Hoxe o seu recurso principal, alén doutras actividades, é a venda de castañas. A parroquia ten soutos moi fértiles e produtivos, nos que hai castiñeiros centenarios.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O seu principal monumento é a igrexa románica se restaurou hai uns anos. Formou parte dun convento da orde do Temple. Da súa primitiva fábrica só se conserva a sinxela portada occidental cuberta por un alpendre aberto.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Cibrao[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Cibrao no concello de Viana do Bolo (Ourense)

San Cibrao | A Touza

Parroquias de Viana do Bolo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Viana do Bolo

Bembibre (Santo André) | Caldesiños (Santa Cristina) | Cepedelo (Santa María) | Covelo (San Lourenzo) | Fornelos de Filloás (Santa María) | Fradelo (San Vicenzo) | Froxais (San Brais) | Grixoa (San Pedro) | Hedroso (San Román) | Louzaregos (Santa María) | Mourisca (Santa María) | Paradela (San Pedro) | Penouta (San Bartolomeu) | Pexeiros (Santa María) | Pinza (Santa María) | Pradocabalos (Santa María) | Pradorramisquedo (San Sebastián) | Punxeiro (San Marcos) | Quintela de Hedroso (San Cosmede) | Quintela de Umoso (Padre Eterno) | Quintela do Pando (Santa Isabel) | Ramilo (San Pedro) | Rubiais (San Cibrao) | San Cibrao (San Cibrao) | San Mamede (Santiago) | San Martiño (San Xoán) | Santa Mariña da Ponte (Santa Mariña) | Sever (San Lourenzo) | Solbeira (Santo Adrao) | Tabazoa de Hedroso (Santa María) | Tabazoa de Umoso (San Sebastián) | Viana do Bolo (Santa María) | Vilardemilo (Santa María Madanela) | Vilarmeao (Santo Antón) | Vilaseco da Serra (San Vicenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]