Quintela do Pando, Viana do Bolo
| Quintela do Pando | |
|---|---|
| Concello | Viana do Bolo[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°11′22″N 7°07′43″O / 42.1895337, -7.12873746 |
| Poboación | 26 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 1[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Isabel de Quintela do Pando é unha parroquia e unha aldea que pertence ao concello de Viana do Bolo.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 26 habitantes (12 homes e 14 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 33 habitantes[2].
Datos
[editar | editar a fonte]Sitúase a 5 km da capital do concello. Está nun alto, sobre a zona da chaira. A economía pertence ao sector primario, con gandería ovina. A zona de Quintela é rica en castiñeiros, polo que un dos recursos do pobo son os bullotes e os choupís, un tipo de cogomelo. No ano 2005 fíxose a traída da auga e no 2006 ampliouse o teleclub.
Celébranse as festas de san Sebastián (20 de xaneiro) e santa Isabel (primeiro domingo de xullo), amais do magosto e os reis. Amais o 18 de agosto celébrase outra festa na que participan emigrantes retornados.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Quintela do Pando
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Quintela do Pando no concello de Viana do Bolo (Ourense) | |
|---|---|
Parroquias de Viana do Bolo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-04.